Saltar ao contido

Añada pa un güeyu muertu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Añada pa un güeyu muertu
 Instancia de
 Título
Añada pa un güeyu muertu (ast) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1985 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 País de orixe
Wikidata

Añada pa un güeyu muertu é unha novela en lingua asturiana escrita por Adolfo Camilo Díaz en 1985, que foi gañadora do Premio Xosefa Jovellanos. É un thriller que marcou a toda unha xeración de narradores asturianos. A novela, publicada polo Goberno de Asturias, foi ben recibida pola crítica e o público, e converteu ó seu autor (que gañaría o premio noutras tres ocasións) nunha referencia da literatura asturiana contemporánea. É unha novela inaugural da literatura en asturiano: é a primeira novela de ciencia ficción e a primeira cunha lesbiana como protagonista. O asturiano certificaba, deste xeito, que era apta para representar calquera historia ou sentimento. A influencia de Añada pa un güeyu muertu, unha novela que fixo que a literatura en asturiano entrase na Segunda Xeración do Surdimientu, foi recoñida ó longo dos anos como unha novela de culto das letras asturianas.

A familia do enxeñeiro-xefe dunha central nuclear entretense polas noites vendo a televisión cando un escape na central nuclear "solidifica" os personaxes catódicos que escapan fóra da pantalla e comezan a matar.

Segunda edición

[editar | editar a fonte]

Suburbia Ediciones relanzou esta novela en 2011 cunha edición na que o autor revisou o texto para limpalo de hiperasturianismos e expresións empregadas na lingua literaria da época pero que son estrañas para o lector de hoxe. A edición completouse cun epílogo explicativo do autor e un prólogo de Xandru Fernández.