Aida Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aída Pena»)
Infotaula de personaAida Pena Meis
Biografía
Nacemento1958
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Aida Pena Meis[1] é unha xornalista galega que desenvolveu a maior parte da súa carreira na radio, e en concreto na Cadena SER.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos inicios da súa carreira como xornalista traballou en Ondas Galicia e na emisora musical Los 40 Principales.

A partir de setembro de 2000 foi a directora rexional de informativos de Radio Galicia (Cadena SER), en substitución de Rodolfo Irago. Ademais da dirección de informativos presentou os espazos Hora 14 Galicia e La ventana de Galicia. Tamén realizou adoito unha entrevista semanal a algún personaxe destacado de Galicia os domingos durante Hora 14.

Xubilouse a finais de 2022 do seu posto na SER, logo de máis de dúas décadas de traballo radiofónico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vogal - Xornalistas". Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Consultado o 2022-12-21. 
  2. "Se é verdade, por que me chamas?". Praza Pública. 2022-12-21. Consultado o 2022-12-23. 
  3. SER, Cadena (2022-12-23). "Aida Pena, 40 años de periodismo veraz y comprometido". cadena SER (en castelán). Consultado o 2022-12-23.