7 Prisioneiros
7 Prisioneiros | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 7 Prisioneiros |
Director | Alexandre Moratto |
Produtor | |
Guión |
|
Intérpretes |
|
Estudio | O2 Filmes |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Venecia: 6 de setembro de 2021 Netflix: 5 de novembro de 2021 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
7 Prisioneiros é un filme brasileiro de 2021 dirixido por Alexandre Moratto a partir dun guión de Moratto e Thayná Mantesso. O filme está protagonizado por Christian Malheiros e Rodrigo Santoro e estreouse na 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 6 de setembro de 2021.[1] Estreouse en Netflix o 5 de novembro de 2021.[2]
Sinopse[editar | editar a fonte]
Mateus, de 18 anos, abandona o campo na procura dunha oportunidade de traballo nun depósito de chatarra de São Paulo. Unha vez alí, Mateus e algúns outros rapaces son vítimas dun sistema de traballo análogo á escravitude moderna rexentado por Luca, o que obriga a Mateus a tomar a difícil decisión de traballar para o home que o escravizou ou arriscar o seu futuro e o da súa familia se non é cómplice.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Christian Malheiros como Mateus
- Rodrigo Santoro como Luca
- Bruno Rocha
- Vitor Julian como Ezequiel
- Lucas Oranmian como Isaque
- Cecília Homem como Mello
- Dirce Thomaz
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Falcão, Camila (26 de xullo de 2021). "7 Prisioneiros: Filme da Netflix estreia no Festival de Cinema de Veneza". Omelete (en portugués). Consultado o 18 de outubro de 2021.
- ↑ "7 Prisioneiros: Estreia, enredo e tudo que sabemos sobre filme com Rodrigo Santoro na Netflix [LISTA]". Rolling Stone (en portugués). 6 de outubro de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- 7 Prisioneiros na IMDb (en inglés).