Saltar ao contido

704 Interamnia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
704 Interamnia
 Instancia de
 Epónimo
 Designación provisional
1910 KU
1952 MW
A910 TC Editar o valor en Wikidata
 Época
 Astro pai
 Grupo menor
 Tipo espectral de asteroide
Características orbitais
Apoapse3,530690014663 AU Editar o valor en Wikidata
Periastro2,5817475504964 AU Editar o valor en Wikidata
Argumento de periastro94,106940293477 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,15524779665243 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital17,29 ° e 17,315465438007 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital1.951,5293513125 DD Editar o valor en Wikidata
Período de rotación8,727 h Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior3,0562187825797 AU Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente280,16607683425 ° Editar o valor en Wikidata
Anomalía media184,20541447781 ° Editar o valor en Wikidata
Tempo de periapse2.461.953,4674818 Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro306,313 km Editar o valor en Wikidata
Albedo0,075 e 0,078 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta6,33 Editar o valor en Wikidata
Achatamento0,14 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Acontecementos
 Data descuberta
2 de outubro de 1910 Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Localización descubrimento
Identificadores
Freebase/m/03d4cc Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

704 Interamnia, coñecido tamén como 910 KU ou 1952 MW, é un xigantesco asteroide cun diámetro estimado de 350 quilómetros. A súa distancia media ao Sol é 3.067 (UA). Foi descuberto o 2 de outubro de 1910 polo astrónomo e matemático italiano Vincenzo Cerulli, que decidiu poñer ese nome pola derivación do nome en latín da súa cidade natal, Téramo.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Interamnia é o quinto asteroide máis grande do Sistema Solar, detrás de Ceres, Palas, Vesta e Hygiea. Malia ser un dos asteroides máis grandes, púidose estudar moi pouco, existindo moi poucos detalles sobre a súa composición interna ou forma e non hai análise sobre curvas de luz que poidan determinar a súa inclinación axial. A súa aparente alta densidade suxire un corpo sólido sen porosidade interna ou rastros de auga. Isto tamén suxire que Interamnia é o suficientemente grande como para ter poder resistir todas as colisións que se produciron dentro do cinto de asteroides desde que se formou o Sistema Solar.

A súa superficie escura e a relativa gran distancia que mantén co Sol, evita que poida ser divisado con prismáticos 10x50. Na maior parte das oposicións a súa magnitude aparente é de arredor a +11,0, inferior ao brillo de Ceres, Palas e Vesta.[1]