120 horas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

120 horas
Autor/aLuis Eduardo Matta
OrixeBrasil
Lingualingua portuguesa
Data de pub.2005
editar datos en Wikidata ]

120 horas é unha novela de suspense e misterio, escrita por Luis Eduardo Matta e publicada no Brasil en 2005.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aurélio Marcondes Amorim é un científico brasileiro que, tras obter en Rusia a cobizada fórmula da bomba de hidróxeno, é asasinado en Damasco por axentes ligados ao goberno de Siria. A morte acontece en segredo, mais o irmán de Aurélio, Horácio, un amable arquitecto, dono dunha coñecida oficina de arquitectura do Río de Xaneiro en sociedade coa muller, despois dalgunhas semanas sen recibir noticias del, decide viaxar para localizalo, grazas ao coraxe infundido polo amigo Gabriel Karam. O paradoiro de Aurélio sempre fora un misterio desde que el saíra do Brasil, seis anos antes, na procura dunha vida no exterior.

120 horas é, tamén, a historia do físico Fauzi Abi Raad, casado coa estilista Randa Nohra, dona dun elegante establecemento de alta costura en Beirut, no Líbano, que ve o derrubamento do seu casamento por causa do seu envolvemento co sixiloso programa nuclear de Siria. Disposto a abandonar o traballo en nome do amor por Randa, Fauzi acaba afrontando a ira do réxime sirio e da súa grande aliada, a armadora libanesa Evelyn Wakim Pietrangeli, unha muller fría e sen escrúpulos, ligada á mafia rusa e que usa os seus navíos para transportar armamentos e material atómico para a Siria. Amargada coa decadencia da relación co marido, mais allea aos graves problemas del, Randa Nohra esmérase na organización dunha gran festa coa que celebrará os quince anos do seu establecemento ao outro mes nun hotel de luxo, en Beirut.

Mais un acontecemento inesperado múdao todo: Fauzi desaparece durante unha viaxe de helicóptero. El levaba consigo documentos importantes que detallaban as actividades clandestinas do programa nuclear sirio. Aparentemente disposto a se vingar dos anos de opresión que sufriu por parte dos sirios e, principalmente, da tiránica Evelyn Wakim, Fauzi pon en práctica un plan maquiavélico que culmina cunha chantaxe. A partir de aí, a trama dá sucesivas reviravoltas que levan ao descubrimento dunha gran conspiración en curso hai moitos meses. En paralelo a todo iso, Horácio e Gabriel avanzan na busca de Aurélio e se achegan á verdade dos segredos que o ligan ao réxime sirio e ao sucio imperio financeiro de Evelyn Wakim.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Sinopse de 120 horas no Website oficial de Luis Eduardo Matta (en portugués)
  • Polzonoff Jr., Paulo (18 de decembro de 2005). 120 horas de diversão. Jornal do Brasil - Caderno B, p. B10.
  • Brasil, Ubiratan (9 de xaneiro de 2006). Conspiração à brasileira. O Estado de São Paulo - Caderno 2, pp. D1, D3.
  • Cardoso, Fabio (Edición 15 - febreiro/marzo de 2006). 120 horas - suspense e ação à brasileira. Revista Città São Paulo, p. 21.