.edu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O dominio .edu é un dominio de primeiro nivel (sTLD, as súas siglas en inglés) que forma parte do sistema de nomes de dominios de Internet. O dominio .edu é utilizado unicamente con fins educativos, xa sexa por institucións educativas ou oficinas gobernamentais relacionadas con estas. Desde o 2001, aos novos inscritos ao dominio requiríuselles que sexan institucións de educación superior afiliados aos Estados Unidos, aínda que desde entón os que xa estaban rexistrados que non están afiliados aos Estados Unidos –e ata aquelas institucións non educativas– conservan os seus rexistros hoxe en día.

Outros países teñen un dominio .edu de segundo nivel, por exemplo para España sería .edu.es ou Uruguay .edu.uy.

Elixibilidade[editar | editar a fonte]

Desde o 29 de outubro de 2001 soamente institucións e organizacións post-secundarias que sexan institucionalmente acreditadas por unha axencia na lista de axencias de acreditación nacionalmente recoñecidas do Departamento de Educación dos Estados Unidos son elixibles para solicitar un dominio .edu[1] Para poder ser elixible, unha institución debe estar situada nos EEUU, estar legalmente organizada en EEUU ou ser recoñecida por un estado de EEUU, axencia territorial ou federal.[1] Tamén poden rexistrar un nome de dominio .edu oficinas de sistema universitario, oficinas de distrito de colexios comunitarios e outras entidades dentro dos EEUU que están organizadas para administrar e gobernar múltiples institucións post-secundarias acreditadas.[1] Cada institución elixible está limitada de rexistrar un só dominio .edu, pero as institucións tamén poden usar nomes noutros dominios de nivel superior.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "FAQs on Eligibility for the .edu Domain". EduCause.edu. Consultado o 23 de novembro de 2011. 
  2. "FAQs on Current Holders of Names in the .edu Domain". EduCause.edu. Consultado o 23 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]