Şehzade Mustafá
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1515 |
| Morte | 6 de outubro de 1553 Ereğli, Turquía (pt) |
| Causa da morte | pena de morte, estrangulamento |
| Lugar de sepultura | Muradiye Complex (en) Türbe of Şehzade Mustafa (en) |
| Relixión | Islam |
| Actividade | |
| Ocupación | gobernador |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Imperio Otomán |
| Familia | |
| Familia | Dinastia Otomana (pt) |
| Cónxuxe | Rumeysa Sultan |
| Fillos | Nergisşah Sultan |
| Pais | Suleiman I |
| Irmáns | Mihrimah Sultan Selim II Şehzade Bayezid Şehzade Mehmed Șehzade Cihangir Şehzade Murad Raziye Sultan Şehzade Mahmud Şehzade Abdullah |
| Parentes | Rüstem Paşa, cuñado |
Şehzade Mustafá Muhlisi, nado en Manisa en 1515 e finado en Konya o 6 de outubro de 1553, foi un príncipe otomán, gobernador de Manisa desde 1533 a 1541 e príncipe de Amasia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Mustafa era fillo do sultán Suleiman I e da súa consorte Mahidevran, era o seu primeiro fillo e como tal era o herdeiro ao trono, pero as dúas donas de Soliman déranlle oito fillos, dos quedaban vivos na década de 1550 catro: Mustafá, Selim, Bayezid e Jahangir, estes tres fillos de Hürrem, esta consciente que se Mustafá accedía ao trono, os seus propios fillos serían estrangulados segundo era costume para evitar disturbios civís e revoltas. Hürrem exercía unha poderosa influencia política na época e para evitar a execución dos seus fillos utilizou esa influencia para eliminar os partidarios de Mustafá [1]

Así, nas loitas polo poder aparentemente instigadas por Hürrem, Solimán fixo asasinar ao gran visir Pargalı Ibrahim Pasha a noite do 14 ao 15 de marzo de 1536 e finalmente en 1544 foi nomeado gran visir Damat Rüstem Pasha que contaba coa simpatía de Hürrem. En 1552 ao iniciarse a campaña contra Persia e Rüstem foi nomeado xefe da expedición comezaron as intrigas contra Mustafá. Rüstem enviou un dos seus homes de confianza para informar a Solimán do descontento entre os seus soldados por non estar Solimán á fronte do exército e que chegara o momento de poñer un príncipe novo no trono, ao tempo que difundía rumores que Mustafá era receptivo á idea.
Preocupado polo que cría os plans de Mustafá para reclamar o trono, o verán seguinte convocouno na súa tenda, alí acode confiando no apoio do exército, pero ao entrar os eunucos atacárono, o príncipe defendeuse ben pero finalmente morreu aganado.[2] O 6 de outubro de 1653 para calmar os xanízaros favorables ao príncipe executado o gran visir foi destituído.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mansel, Phillip (1998). Constantinople: City of the World's Desire, 1453-1924. St. Martin's Griffin. ISBN 0-312-18708-4.
- ↑ Kinross, Patrick (2002). The Ottoman Centuries: The Rise and Fall of the Ottoman Empire. Perrenial. ISBN 0-688-08093-6.