Índice
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo índice poder referirse a:
- Dedo índice, nome corrente do segundo dedo da man;
- O índice, paratexto dunha obra literaria, repertorio ordenado das varias partes que o compoñen;
- Índice é a abreviatura común para o Índice dos libros prohibidos.
Ciencias
[editar | editar a fonte]En ciencias, o índice é, de maneira xeral, un número sen dimensións que permite unha clasificación que se obtén pola relación entre dúas magnitudes mensurábeis.
Ciencias exactas e da natureza
[editar | editar a fonte]- En astrofísica:
- En bioquímica distínguense:
- o índice de saponificación,
- o índice de ácido,
- o índice de ester e
- o índice de iodo, que permiten caracterizar un corpo graxo.
- En matemáticas defínense:
- o índice dun operador de Fredholm, en análise funcional,
- o índice dun número complexo, en análise complexa,
- o índice dun subgrupo (que está relacionado co Teorema de Lagrange na Teoría de grupos),
- o índice dunha forma cuadrática real.
- En informática:
- o índice, é un número enteiro que identifica o elemento dun array, ou unha estrutura de datos que permite unha busca rápida.
- o índice, é unha función no interior dunha base de datos que permite un rápido acceso ás liñas dunha táboa.
- o índice, é un instrumento de soporte nun motor de busca.
- En medicina:
- Índice cardíaco.
- O Índice Broca, de Pierre Paul Broca, médico, cirurxián e antropólogo francés, é unha forma rápida de calcular o peso ideal dunha persoa.
- Índice de masa corporal (ou corpórea, IMC, sigla en inglés: BMI -Body Mass Index-), tamén coñecido como índice de Quetelet (de Lambert Adolphe Jacques Quételet), é un número que pretende determinar, a partir da estatura e o peso, o rango máis saudable de peso dunha persoa.
- Índice glicémico.
- Índice terapéutico.
- En óptica:
- o índice de refracción dun medio transparente é a relación entre a velocidade da luz no baleiro e a velocidade da luz nese medio.
- En química:
- o índice de octano dun carburante é a relación entre o poder antidetonante dese carburante e o dun carburante de referencia (n-octano).
Ciencias humanas e sociais
[editar | editar a fonte]- En demografía:
- o índice sintético de fecundidade, ou indicador conxuntural de fecundidade, mide o número medio de nenos que as mulleres terían no curso da súa vida se, a todas as idades, o seu nivel de fecundidade fora o do ano considerado.
- En economía,
- Un índice é o valor dunha magnitude económica en relación cun valor de referencia.
- O Índice de Desenvolvemento Humano ou IDH é un índice estatístico composto que vén sendo empregado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) desde 1993, que avalía o desenvolvemento humano dos estados do mundo.
- O Índice Big Mac é o índice calculado sobre o prezo do Big Mac en máis de 100 países.
- Tamén falamos do índice de prezos ao consumidor (IPC).
- o índice bolsista é un valor calculado polo agrupamento dos valores dos títulos de varias sociedades. Por exemplo, en España, o Ibex 35.