Ørsted (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ørsted / Orsted / Oersted
Oersted satellite model.jpg
Maqueta do satélite Oersted.
TipoCientífico
Destino actualEn órbita.[1]
Data de lanzamento23 de febreiro de 1999, 10:29 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 7920[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre.[2][6]
NSSDC ID1999-008B
Masa60,8 kg[5]
Potencia54 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior7110 km[1]
Inclinación96,4 graos[1]
Apoapse839,3 km[1]
Periapse640,6 km[1]

Ørsted, tamén coñecido como Orsted ou Oersted e bautizado así en honor do físico danés Hans Christian Ørsted, é un satélite artificial lanzado o 23 de febreiro de 1999 mediante un foguete Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea dos Estados Unidos en Santa Bárbara, California.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Oersted foi estudar con alta precisión e sensibilidade o campo magnético terrestre e a contorna de partículas cargadas que rodean a Terra.[1][2][5][6]

Oersted foi lanzado como carga secundaria nunha órbita case sincrónica solar. Estabilizábase mediante gradente gravitatorio grazas a un mastro de oito metros de lonxitude, mentres que o control de actitude se conseguía grazas a tres torques magnéticos. Os datos gardábanse nunha memoria interna de 16 MB de capacidade.[2]

O satélite dedicouse a dous campos principais: analizar como se xera o campo magnético no núcleo terrestre e como se comporta o plasma na magnetosfera.[2]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Oersted levaba a bordo dous magnetómetros, unha cámara de estrelas para determinar a súa actitude, un detector de partículas de estado sólido e un receptor GPS.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ORSTED" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 NASA (26 de agosto de 2014). "Oersted" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  3. "Letter dated 2 February 2011 from the Permanent Mission of Denmark to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (11-84994). 10 de agosto de 2011: 2. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Orsted" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "Ørsted (Oersted)" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Orsted" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2015.