Saltar ao contido

Óscar Sielva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÓscar Sielva
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Olot, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Altura177 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2008-2011 RCD Espanyol B 43(7)
2008-2011 RCD Espanyol 5(0)
2009-2010cesión Fútbol Club Cartagena 7(0)
2012-2013 Atlético Malagueño 45(4)
2014-2015 Unió Esportiva Olot 26(1)
2015- Marbella Fútbol Club Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2008-2008   España sub-17 8(0)
2008-2010   España sub-19 15(2) Editar o valor en Wikidata

Twitter: SielvaOscar Editar o valor en Wikidata

Óscar Sielva Moreno, nado en Olot o 6 de agosto de 1991, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Huesca, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Olot, formouse como futbolista nas canteiras do Santa Roc e o Garrotxa, antes de ingresar en 2006 nas categorías inferiores do Espanyol. O 30 de agosto de 2008, á idade de 17 anos e 24 días e sen ter vestido nunca a camiseta do filial, debutou co primeiro equipo na Primeira División, no partido inaugural da tempada ante o Real Valladolid, encontro no que substituíu ao histórico Iván de la Peña no treito final.[1] Xogou cinco partidos máis esa tempada, antes de fracturar dúas veces a clavícula.

Para a tempada 2009/10 foi cedido ao FC Cartagena, que viña de ascender á Segunda División. Con todo, só disputou pouco máis de 400 minutos durante a campaña, na que se enfrontou a miúdo co adestrador Juan Ignacio Martínez, que o quería facer xogar fóra de posición, como extremo. En xaneiro de 2010 regresou á estrutura do Espanyol para xogar co filial,[2] no que militou ata novembro de 2011, cando se incorporou ao equipo B do Málaga CF.

Deixou o Atlético Malagueño ao remate da tempada 2012/13 e posteriormente estivo a proba no Barcelona B, Girona [3] e Swansea City sen éxito.[4]

O 17 de xuño de 2014, despois dun ano sen equipo, fichou pola UE Olot, da Segunda División B.[5] Nos seguintes anos xogou tanto en Segunda B como en Terceira, defendendo as camisetas de Marbella FC,[6] CE Europa,[7] Somozas, Rápido de Bouzas e Ponferradina.[8]

Titular indiscutible no equipo berciano, en 2019 conseguiu o ascenso á Segunda División,[9] categoría na que xogou durante as seguintes campañas, coa propia Ponferradina primeiro e máis tarde co Eibar e o Huesca.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Membro habitual da selección española sub-17, xogou un papel fundamental no triunfo desta na Eurocopa de 2008 celebrada en Turquía.

  1. "El Espanyol rompe el hielo" (en castelán). 31 de agosto de 2008. Consultado o 9 de setembro de 2024. 
  2. 'Culebrón' Sielva: puede marcharse libre al Celta (Sielva 'soap opera': he may join Celta for free); Diario AS, 23 June 2010 (in Spanish)
  3. El Girona contacta amb Òscar Sielva per completar el pivot (Girona contact Òscar Sielva to complete central midfield); Diari de Girona, 7 August 2013 (in Catalan)
  4. "Òscar Sielva probará en el Swansea" (en castelán). 5 de novembro de 2013. Consultado o 9 de setembro de 2024. 
  5. "Dos bajas y dos incorporaciones en la UE Olot" (en castelán). 17 de xuño de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2024. 
  6. "Óscar Sielva, del Olot, nuevo mediocentro para el Marbella FC" (en castelán). 24 de xullo de 2015. Consultado o 9 de setembro de 2024. 
  7. "Òscar Sielva, Dani Márquez i Javi Navarro, tres nous jugadors escapulats" (en catalán). 7 de setembro de 2016. Consultado o 9 de setembro de 2024. 
  8. "La Ponferradina ficha al centrocampista Óscar Sielva" (en castelán). 8 de xuño de 2018. Consultado o 9 de setembro de 2024. 
  9. "Bolo tira de la base del ascenso en Segunda". As (en castelán). 7 de outubro de 2019. Consultado o 9 de setembro de 2024.