Saltar ao contido

Óscar Clemente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÓscar Clemente
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Atlético de Madrid B

Óscar Clemente Mues, nado en Adeje o 26 de marzo de 1999, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Levante, da Segunda División.

Formouse como futbolista nas canteiras do Atlético Chenet e do Atlético de Madrid, club este último no que ingresou en 2013. Na tempada 2018/19 debutou co Atlético de Madrid B na Segunda División B, nun empate a un gol ante o Unión Adarve.[1]

O 18 de xaneiro de 2020 debutou co primeiro equipo do Atlético na Primeira División, substituíndo a Vitolo nos minutos finais dunha derrota por 0-2 ante o Eibar.[2]

En agosto de 2020 asinou un contrato de tres anos coa UD Las Palmas, da Segunda División.[3] Marcou o seu primeiro gol na categoría o 22 de xaneiro de 2022, nunha derrota por 3-2 ante o Fuenlabrada. Disputou un total de 83 goles co club amarelo ao longo de tres campañas, que culminaron co ascenso á Primeira División.

En xuño de 2023 fichou polo Levante, tamén de Segunda.[4]

  1. "El Atlético B logra un empate a uno frente al Unión Adarve" (en castelán). 15 de setembro de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  2. "Naufragio del Atleti en Ipurua" (en castelán). 19 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  3. "Óscar Clemente, nuevo jugador de la UD Las Palmas" (en castelán). 19 de agosto de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2024. 
  4. "Óscar Clemente, primer fichaje del Levante 23/24" (en castelán). 27 de xuño de 2023. Consultado o 26 de outubro de 2024.