Saltar ao contido

Írguite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Írguite (Érguete en lingua asturiana) foi unha revista que publicaba a organización nacionalista asturiana Darréu (vinculada a Andecha Astur) dende inicios de 2006 e que fixo de "voceru nacional" da mesma. A revista tivo unha tirada nos seus tres únicos números de mil exemplares e estaba integramente en lingua asturiana.

Publicábase de cada catro meses e os seus contidos eran tanto culturais como políticos, contando tamén con entrevistas e artigos de opinión, especialmente sobre as convocatorias do Día da mocedá revolucionario, grupos musicais asturianos, comunicados, manifestacións nacionalistas e revolucionarias en Asturias, historia contemporánea de Asturias e entrevistas a membros doutras organizacións nacionalistas non asturianas como Azarug ou Jaleo!!!.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]