Íñigo García Jiménez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Rioxa, España |
Morte | 30 de outubro de 1848 Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Mosteiro de San Martiño Pinario Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil |
Ocupación | xornalista |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Íñigo García Jiménez, nado na diocese de Calahorra, e finado preto de Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1848[1], foi un frade e xornalista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 18 de maio de 1805 foi nomeado lector de vésperas do Colexio do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. En 1807 lector de teoloxía moral do Mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela e lector de casos extraordinarios do mesmo mosteiro en 1818. Foi catedrático de Teoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e no Seminario. Foi autor do folleto Tinieblas del siglo XIX (que foi prohibido), redactor de Estafeta de Santiago e director de La Aurora de Galicia (1845).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Regional, 10-3-1891, p. 1.