Éuscaro no sistema educativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O recoñecemento que outorgan as institucións cara ao éuscaro varía dunha comunidade a outra, no País Vasco é oficial en todo o territorio mentres que en Navarra só na zona vascófona e mixta; este feito creou distintas formas no sistema educativo.

Modelos educativos do País Vasco[editar | editar a fonte]

  • Modelo A: todo en castelán exceptuando a materia de éuscaro.
  • Modelo B: unha parte das materias en éuscaro e a outra parte en castelán.
  • Modelo D: todas as materias en éuscaro excepto a de lingua castelá.
  • Modelo X : todas as materias en castelán sen materia de éuscaro.

Os datos oficiais do curso 2006-2007 dan un total dun 22,4% para o modelo A (maioritariamente en castelán), un 23,3% para o B e un 54,2 para o D (integramente en éuscaro).Pág 9 Táboa E1.7. Distribución porcentual do alumnado do País Vasco por modelo lingüístico en que cursa o ensino[1]

Segundo datos oficiais, no ámbito da educación infantil para o curso 2006 - 2007, o 68% das matriculacións foron para cursar en éuscaro, o 25% en bilingüe mentres que un 5,2% o foron para cursar en castelán.

En canto a todos os cursos de educación obrigatoria (datos de 2006), as matriculacións realizadas, o 52,3% das matriculacións foron no modelo D, é dicir, integramente en éuscaro, o 23,4% en bilingüe mentres que no modelo A, en castelán coa materia de éuscaro, inscribíronse o 24,4% dos alumnos vascos. En canto ao modelo X, a oferta redúcese soamente a zonas de Biscaia non alcanza o 1% do alumnado do territorio .

En canto a idades máis temperás, en garderías chégase ao 90% no modelo D (todo en éuscaro) en cambio en bacharelato, un 53,7% faio no modelo A relegando o modelo D ao 44,1% do total.

Na Formación profesional, os últimos datos reflicten que tan só un 13,3% do alumnado cursa ciclos formativos totalmente en éuscaro. No campo universitario público, só un 21% do alumnado imparte algunha materia en éuscaro.

Durante o 2005 realizáronse diversos debates do modelo de ensino D posto que; polo menos un 30% dos alumnos deste modelo, en 4º de ESO, non conseguen ter o dominio suficiente do éuscaro para obter un certificado de calidade no idioma.

Por territorios[editar | editar a fonte]

Por tipo de colexios e territorios históricos a distribución distínguese do seguinte xeito; en Áraba os modelos A e D teñen niveis parellos de matriculación nos colexios públicos, con todo, nos privados o modelo A triplica ao D. En Biscaia os modelos A e D tamén teñen matriculacións similares sendo algo maior o D no ámbito público e no privado o A. Mentres en Guipúscoa tanto en colexios públicos como privados o modelo D (toda a materia en éuscaro) é o modelo máis ofertado polos centros educativos, o 82%.

Modelos educativos de Navarra[editar | editar a fonte]

  • Modelo A: todo en castelán exceptuando a materia de éuscaro.
  • Modelo B: unha parte das materias en éuscaro e a outra parte en castelán.
  • Modelo D: todas as materias en éuscaro excepto a de lingua castelá.
  • Modelo G: todo en castelán e sen materia de éuscaro.
  • Modelo British

En Navarra, o éuscaro (modelos B e D), acapara ao 24% do alumnado. O resto faio entre os modelos A (19%), G (56%) e British (1%) segundo datos oficiais do curso 2007-2008 [2]. En FP chega ao 2,3% a cantidade de matriculados no modelo D, dada a escaseza de ofertas en éuscaro, problema que tamén sofre o ensino obrigatorio.

Ensino no País Vasco Francés[editar | editar a fonte]

No País Vasco Francés, os alumnos matriculados en ensino vasco para o ano 2006 son o 15,9% do alumnado. Hai que ter en conta que o éuscaro carece de oficialidade no estado francés e o ensino en éuscaro soamente impártese en ikastolas (escola que ten por misión a promoción dunha escola vascófona), centros educativos que non reciben subvención algunha por parte das institucións galas.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]