Édouard Belin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Édouard Belin no seu laboratorio co belinógrafo en 1920.

Édouard Belin, nado en Vesoul o 5 de marzo de 1876 e morto en Territet, (Suíza) o 4 de marzo de 1963, foi un inventor francés.

Inventou en 1907 o belinógrafo, un sistema que permitía o envío de fotografías a distancia, por medio das liñas telefónicas ou o telegráficas. A partir de 1914 comezouse a transmitir en probas o sistema pero non se perfeccionou ata 1921, permitindo transmitir imaxes por ondas de radio. No aparello copiase a imaxe punto por punto, e mídese a intensidade lumínica por medio dun ollo eléctrico, esa intensidade envíase ao receptor, e alí unha fonte de luz reproduce as medidas de intensidade do ollo eléctrico, mentres realiza os mesmos desprazamentos exactamente, imprimíndoo en papel fotográfico, obtense así unha copia da imaxe orixinal.

Édouard Belin foi presidente da Sociedade Francesa de Fotografía.