Áurea Domínguez Sisto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁurea Domínguez Sisto
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Alcaldesa de Fisterra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAlternativa dos Veciños Editar o valor em Wikidata

Áurea Domínguez Sisto, nada en 1967,[1] é unha política galega de Alternativa dos Veciños que se converteu na primeira muller alcaldesa de Fisterra.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ten unha xestoria administrativa en Fisterra.

Nas municipais de 2023, o anterior alcalde José Marcote Súarez, do PSdG-PSOE pasou de 4 a 2 concelleiros e perdeu a alcaldía en favor da candidata de Alternativa dos Veciños Áurea Domínguez, quen irrompeu con 3 concelleiros e recibiu o apoio de socialistas (2) e nacionalistas (1) na investidura[3][2] para evitar que a alcaldía pasase ao candidato PP, Luis Miguel Ínsua Lago, quen fora o candidato gañador con 5 concelleiros.[1] Porén, nunha das primeiras votacións do mandato, os votos do PP e mais dos socialistas, impediron que puidese ter un salario polo desempeño do cargo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 López, Marta (20 de xuño de 2023). "Áurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra: «Sabía o que pasara en Bergondo, pero iso non me garantía a investidura»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Áurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra co apoio de PSOE e BNG". adiantegalicia.es (en castelán). 17 de xuño de 2023. Consultado o 13 de decembro de 2023. 
  3. Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2023. 
  4. Lema, Xosé Manuel (8 de xullo de 2023). "A alcaldesa de Fisterra comeza o mandato sen soldo". adiantegalicia.es. Consultado o 13 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Marcote Suárez
 
Alcalde de Fisterra
 
2023 -
Sucesor:
no cargo