Ángeles Marra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángeles Marra
Nacemento31 de xaneiro de 1966
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica e economista
editar datos en Wikidata ]

María Ángeles Marra Domínguez, nada en Vigo o 31 de xaneiro de 1966, é unha economista e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora titular da facultade de Económicas da Universidade de Vigo. Foi membro do consello de administración de Caixanova en 2008.

Eleccións Congreso de España abril de 2019 PSdG-PSOE Pontevedra.jpg

Nas eleccións xerais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG ao Senado e resultou elixida pola provincia de Pontevedra.

En 2015 foi nomeada concelleira da area de transportes e proxectos estatais europeos do concello de Vigo.

Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España foi candidata na lista do PSdeG-PSOE ao Congreso pola Provincia de Pontevedra, resultando escollida deputada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]