Ángel Suances Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángel Suances Piñeiro
Nacemento1882
 Ferrol
Falecemento5 de decembro de 1949
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e escritor
editar datos en Wikidata ]

Ángel Suances Piñeiro, nado en Ferrol en 1882 e finado o 5 de decembro de 1949, foi un militar e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Capitán de fragata e Axudante Maior do Arsenal de Ferrol cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, participou como testemuña no proceso contra Antonio Azarola.[1] Foi comandante de Mariña de Ferrol dende 1939. Foi o creador e primeiro director da Escola Náutica da Coruña. Foi nomeado contraalmirante en 1944, coincidindo co seu retiro.[2] Colaborou na Revista General de la Marina e nos Cuadernos de Tiro Naval. Tamén colaborou en El Correo Gallego cunha columna diaria baixo o seudónimo Aspi. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]