Ángel Durán Álvarez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (74/75 anos) Santa Comba, España |
Alcalde de Barbadás | |
1979 – 1987 – José Manuel Freire Couto → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ángel Durán Álvarez, nado en Santa Comba (Bande) en 1949, é un político galego. Foi alcalde de Barbadás desde 1979 ata 1987.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É mestre industrial na Residencia Sanitaria de Ourense e militante de UCD e de Coalición Galega.
Nas eleccións municipais de 1979 foi o número 1 na lista de UCD no concello de Barbadás, e foi o candidato máis votado. Non obstante nun primeiro momento foi elixido alcalde o candidato número 2 de Alianza Popular, Raimundo Álvarez Rodríguez, se ben foi impugnado polo xulgado ao non ser o número 1 da lista do seu partido, e estivo no cargo 15 días ata a decisión xudicial.[1]
En 1987 pasou á oposición cando unha moción de censura de concelleiros tránsfugas do seu partido pasaron a Centristas de Galicia, provocando o seu cesamento como alcalde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alcaldes de Galicia logo das eleccións municipais de 1979". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2018.