Ángel Colmeiro Laforet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Colmeiro Laforet

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1911 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de novembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xuíz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCarlos Colmeiro Laforet Editar o valor em Wikidata

Ángel Colmeiro Laforet, nado en Vigo o 18 de marzo de 1911,[1] e finado no mesmo concello o 4 de novembro de 1978,[2] foi un avogado e xuíz galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Colmeiro Rey e Ángela Laforet Cividanes. Fixo o Bacharelato no Instituto de Pontevedra. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1931, e fixo o doutoramento na Universidade de Boloña. En 1936 aprobou as oposicións a Rexistrador da propiedade.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi oficial do Corpo Xurídico Militar e actuou como xuíz instrutor na causa 155/1937 contra 740 masóns de Galicia e Asturias. En 1940 foi nomeado rexistrador da propiedade de Guinea Española. En 1944 pasou a ocupar a praza de rexistrador en Vilafranca do Bierzo e en 1963 a de Santiago de Compostela.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era irmán de José Carlos Colmeiro Laforet.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela, Expedientes personales, Legajo 260
  2. La Nueva España. 22-11-1978, p. 24.
  3. El Pueblo Gallego, 12-7-1936, p. 5.
  4. El Pueblo Gallego, 28-11-1963, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]