Álvaro Valiño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | deseñador gráfico |
Sitio web | alvarovalino.com |
Álvaro Valiño, nado na Coruña en 1977, é un deseñador gráfico galego de recoñecido prestixio no ámbito internacional.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É un deseñador que traballa no campo da infografía, a ilustración e o deseño gráfico. En 2011 traballaba no premiado departamento de infografía do diario de ámbito estatal Público. Anterioramente fixérao en La Voz de Galicia. En 2002 converteuse no primeiro deseñador dun medio galego en obter o premio internacional “Award of Excellence” que outorga a Society of Newspaper Design.[2] Acadouno por un infográfico sobre crimes non resoltos.
Ten traballado para National Geographic, The Guardian, Il Corriere della Sera ou The Washington Post.
Entre os seus fitos está a o deseño de duas portadas para a prestixiosa revista Science,[3] así como a publicación dun paper científico na revista Nature sobor os beneficios da asociación entre investigadores científicos en artistas gráficos baixo o título "Science–graphic art partnerships to increase research impact".[4]
Participou en diferentes exposición e escolmas ao redor do deseño galego como "Galicia, procesos e formas. Un percorrido gráfico" xunto a traballos de Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane o Urbano Ludris entre outros.[5]
No verán de 2024 incorporouse ao equipo do Washington Post como reporteiro gráfico.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A sección de infografía que dirixe Álvaro Valiño en Público, premiada con sete Malofiej Arquivado 05 de setembro de 2011 en Wayback Machine., nova na DAG.
- ↑ Reportaxe O trío do vector, en Culturagalega.org.
- ↑ "Un coruñés en la portada de «Science»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-05-24. Consultado o 2024-09-16.
- ↑ Khoury, Colin K.; Kisel, Yael; Kantar, Michael; Barber, Ellie; Ricciardi, Vincent; Klirs, Carni; Kucera, Leah; Mehrabi, Zia; Johnson, Nathanael (2019-08-06). "Science–graphic art partnerships to increase research impact". Communications Biology (en inglés) 2 (1): 1–5. ISSN 2399-3642. doi:10.1038/s42003-019-0516-1.
- ↑ "Un siglo de diseño en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-09-11. Consultado o 2024-09-16.
- ↑ "Álvaro Valiño - The Washington Post". Álvaro Valiño (en inglés). Consultado o 2024-09-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Delgado, Pablo (14/2/2020). "Entrevista a Álvaro Valiño, diseñador" ABC (en castelán).
- Portfolio profesional