Álvaro Ramón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Álvaro Ramón
Información persoal
Nome Álvaro Ramón Álvarez
Nacemento 6 de abril de 2000
Lugar de nacemento Ponferrada
Altura 1,71 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Arenteiro
Número 3
Carreira xuvenil
–2013 Cuatrovientos
2013–2017 Ponferradina
2017–2019 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2021 Celta B 2 (0)
2020–2021 Navalcarnero 15 (1)
2021–2023 Mérida 64 (5)
2023– Arenteiro 14 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de decembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Álvaro Ramón Álvarez, nado en Ponferrada o 6 de abril de 2000, é un futbolista español, que xoga como lateral esquerdo no Arenteiro, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Cuatrovientos de Ponferrada, no que militou ata o segundo ano de infantil, cando ingresou na canteira da Ponferradina.[1] En 2017 pasou ao equipo xuvenil do Celta de Vigo, da División de Honra, no que xogou durante dous anos.[1] Na tempada 2019/20 debutou co equipo filial na Segunda División B, con escaso protagonismo, xogando só dous partidos.

Para a tempada 2020/21 saíu cedido ao Navalcarnero,[2] onde xogou durante un ano, antes de fichar polo Mérida. No equipo estremeño fíxose coa titularidade e participou do ascenso do equipo á Primeira División RFEF, na que debutou na seguinte tempada, sendo un dos fixos nas aliñacións titulares. No verán de 2023 deixou Mérida e fichou polo Arenteiro, que viña de ascender á mesma categoría.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El berciano, Álvaro Ramón ficha por el Celta" (en castelán). 30 de xullo de 2017. Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  2. "Álvaro Ramón jugará cedido en el Navalcarnero". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  3. "El Arenteiro incorpora a dos laterales, Álvaro Ramón y Lucas Sena, y al delantero Charly en el último día del mercado". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de setembro de 2023. Consultado o 19 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]