Álvaro López Brenlla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlvaro López Brenlla
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Santa Sabiña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Louro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús Álvaro López Brenlla, nado nas Travesas (Santa Sabiña, Santa Comba) o 28 de novembro de 1911 e finado en Louro (Muros) o 1 de setembro de 1936, foi un mestre galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mestre interino en Verdes en 1931.[1] Aprobou as oposicións como cursillista en 1933.[2] Foi destinado á escola de nenos de Louro, da que tomou posesión o 23 de outubro de 1934. A finais de 1935 aprobou os Cursos de Selección Profesional do Maxisterio e volveu obter praza en Louro. Na súa escola respectaba rigorosamente o laicismo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído en agosto.[3] Incorporado ao exército rebelde en Santiago de Compostela, foi denunciado, acusado de se resistir á sublevación, e detido o 31 de agosto. Coa desculpa de descubrir un depósito de armas e explosivos foi trasladado a Louro polo Brigada Comandante do posto da Garda civil de Muros Matías Fernández de la Guerra. A noite do 31 ingresou no cárcere de Muros. Na madrugada do 1 de setembro de 1936 foi trasladado a Louro polo brigada, o garda Manuel Cruces Manteiga e os milicianos falanxistas Joaquín Roura Vieta e Benjamín Formoso Crespo. Alí foi asasinado na Corredoira Fonda en aplicación da lei de fugas. Foi soterrado no cemiterio de Louro. Posteriormente os seus restos foron trasladados clandestinamente pola familia ao cemiterio de Santa Sabiña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 5-2-1931, p. 2.
  2. El Compostelano, 11-10-1933, p. 2.
  3. BOP, 21-8-1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]