¿Dónde están mis amigos?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Dónde están mis amigos?
Álbum de Extremoduro
Duración37:29
Xénero(s)rock
Selo(s)DRO
Producido porVentura Rico
Cronoloxía
Deltoya ¿Dónde están mis amigos? Pedrá

¿Dónde están mis amigos? é o cuarto álbum de estudio do grupo estremeño de rock Extremoduro, gravado e producido por Ventura Rico e publicado por DRO no 1993.

Neste disco destacan temas como "El duende del parque", "No me calientes que me hundo", "Pepe Botika" (que subtitulase, como o álbum, ¿Dónde están mis amigos?), "Bri, bri, bli, bli (En el más sucio rincón de mi negro corazón)" ou "Historias prohibidas (Nos tiramos a joder)".

No disco amplíase a instrumentación usada na entrega anterior con frautas e outros instrumentos de vento, aínda que aínda non chega aos niveis de complexidade no que a música se refire que acadarían traballos posteriores.

Neste disco colaboraron artistas do talle de Belén, Fernando e Selu (Reincidentes) e Iñaki "Uoho" Antón (aínda en Platero y tú).

Lista de temas[editar | editar a fonte]

Título Duración
01 "El duende del parque" 04:20
02 "No me calientes que me hundo" 02:52
03 "Sin dios ni amo" 03:50
04 "Pepe Botika (¿Dónde están mis amigos?)" 04:15
05 "Estoy muy bien" 03:31
06 "Bri, bri, bli, bli (En el más sucio rincón de mi negro corazón)" 03:16
07 "Malos pensamientos" 03:13
08 "Posado en un nenúfar" 02:22
09 "Islero, shirlero o ladrón" 04:19
10 "Historias prohibidas (Nos tiramos a joder)" 02:28
11 "Los tengo todos" 02:55