Deltoya
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Deltoya | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Extremoduro | ||||
Publicado | 15 de xuño de 1992 | |||
Duración | 47:06 | |||
Xénero(s) | rock, hard rock | |||
Selo(s) | DRO East West | |||
Produtor | Extremoduro | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Deltoya é o terceiro álbum de estudio do grupo de rock Extremoduro, gravado, producido e publicado por DRO o 15 de xuño de 1992.
No ano 1991, unha vez rematada a gravación e produción de Somos unos animales, o segundo disco do grupo, o álbum sae á rúa, pero a banda non cobra nada en concepto de dereitos de autor, razón pola que abandonan a discográfica coa que están nese momento, Área Creativa. É neste intre cando José Antonio Gómez, de DRO, amósase interesado en fichar por eles, xa que a popularidade do grupo, pese á súa nula promoción, é xa notoria. É factor determinante para o establecemento dun contrato con DRO o que o novo baixista do grupo, Carlos El Sucio, os coñeza a el e a José Carlos Sánchez, tamén da discográfica, de modo que lles é máis doado convencelos.
Así pois, xa cunha discográfica grande detrás, Extremoduro pode gravar sen problemas un novo disco. Este novo traballo é posibelmente o primeiro da súa etapa de madurez, e un dos máis elaborados da traxectoria do grupo. A produción mellorou moito desde o primeiro álbum, e esta entrega inclúe varios grandes éxitos da banda: "Sol de invierno", "De acero", "Bulerías de la sangre caliente", a homónima "Deltoya", "Volando solo", "Ama, ama, ama y ensancha el alma", "Papel secante" e "Estado policial"; "Ama, ama, ama y ensancha el alma" obtén a súa letra dun poema de igual título de Manolo Chinato, con quen o grupo colaborará en máis ocasións.
Deste álbum en adiante, Extremoduro permanecerá con DRO, unha vez asentado o seu estilo con este disco e confirmada a súa popularidade.
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Sol de invierno" | Roberto Iniesta | 4:51 |
2. | "De acero" | Roberto Iniesta | 3:45 |
3. | "Última generación" | Roberto Iniesta / T. Rodríguez | 3:00 |
4. | "Lucha contigo" | Roberto Iniesta | 4:00 |
5. | "Con un latido del reloj" | Roberto Iniesta | 3:45 |
6. | "Bulerías de la sangre caliente" | Roberto Iniesta | 3:52 |
7. | "Deltoya" | Roberto Iniesta | 5:42 |
8. | "Relación convencional" | Roberto Iniesta | 3:02 |
9. | "Volando solo" | Roberto Iniesta | 3:34 |
10. | "Ama, ama, ama y ensancha el alma" | Manolo Chinato / Roberto Iniesta | 2:35 |
11. | "Papel secante" | Roberto Iniesta | 5:00 |
12. | "Estado policial" | Roberto Iniesta | 4:06 |