Saltar ao contido

Aloha Poké: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Compañía|nome_compañía=Aloha Poké|logo_compañía=Aloha Poke Marca.png|tipo_compañía=Privada|fundación=2016|localización=Madrid<br>España|persoas_clave=Carlos..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 18 de novembro de 2020 ás 00:57

Aloha Poké

Editar o valor em Wikidata
TipoPrivada
Fundación2016
LocalizaciónMadrid
España
Persoas claveCarlos Ortiz de Lucas-Baquero
Guillermo Fuente Gil
IndustriaAlimentaria
Beneficio5.2 millóns de euros (2019)
Na rede
https://www.alohapoke.es/
editar datos en Wikidata ]

Aloha Poké é unha franquía española de restaurantes, especializada no prato tradicional hawaiano do poke. A súa sede principal atópase na cidade de Madrid, e conta con establecementos noutras cidades como Barcelona, Valencia, Bilbao, Eivisa, Vigo e Pamplona.[1]

Historia

Exterior dun dos restaurantes de Aloha Poké en Madrid

A empresa fundouse no ano 2016 por Carlos Ortiz de Lucas-Baquero e Guillermo Fuente Gil, inaugurando o primeiro establecemento en 2017 no barrio de Chueca en Madrid.[1] Convertiuse nun dos primeiros restaurantes especializados no prato tradicional hawaiano do poke en España,[1] inaugurando o seu segundo establecemento en 2018 e creando a primeira franquía  de restaurantes de poke no territorio español.[2] Ao final de dito ano, a faturación alcanzou os 2,4, millóns de euros con tres franquías e dous locais propios en Madrid.[3][4]

En 2019 a empresa inaugurou outros cinco novos locais na capital española,[5] así como en Barcelona,[6] Valencia, Bilbao,[7] Eivisa e Tarrassa, rematando a década con 14 restaurantes e 5,2 millóns de euros faturados.[8] Nese mesmo ano a compañía implementou a utilización de ácido poliláctico ou PLA nas súas cuncas, un material biodegradable, substituindo plástico tradicional.[9][10]

No ano 2020 a compañía abriu dous novos locais en Madrid,[11] e novos puntos en Vigo, Pamplona,[12] Xirona, Mallorca,[13] Zaragoza[14] e Gran Canaria.[15]

Premios e recoñecementos

A empresa recibiu o premio Hot Concepts do Grupo Peldaño na categoría de Servicio Rápido en 2019, na cerimonia celebrada o 4 de xullo de 2019 no Teatro Goya de Madrid.[16][17][18] En maio de 2020 a compañía fui seleccionada entre os finalistas dos Premios Nacionales de Marketing na categoría de Startups y Pymes.[19]

Locais

Cidade Locais
Madrid 11
Barcelona 2
Valencia 1
Bilbao 1
Eivisa 1
Mallorca 1
Vigo 1
Pamplona 1
Xirona 1
Gran Canaria 1
Zaragoza 1

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Aloha Poké, la cadena de restaurantes pionera en importar la fiebre por la comida hawaiana a España". ABC (en castelán). 2020-01-26. Consultado o 2020-11-18. 
  2. "Entrevista a Guillermo Fuente, CEO de Aloha Poké". Rentabilibar (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  3. "Aloha Poké cierra 2018 con ventas de 2,4 millones y prevé alcanzar los 30 locales en 2020". Europa Press (en castelán). 2018-12-12. Consultado o 2020-11-18. 
  4. "Aloha Poké supera en 1,15 millones de euros sus previsiones para 18 meses". Marca (en castelán). 2018-12-10. Consultado o 2020-11-18. 
  5. "La Franquicia Aloha Poke abre su décimo restaurante en Madrid". 100 Franquicias (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  6. "Aloha Poké abre su primer restaurante en Barcelona". Restauración News (en castelán). 2019-09-17. Consultado o 2020-11-18. 
  7. "Aloha Poké se estrena en el País Vasco al abrir en Bilbao". Restauración News (en castelán). 2019-11-28. Consultado o 2020-11-18. 
  8. "Aloha Poké alcanza su objetivo al duplicar su facturación en 2019 y superar los cinco millones". Europa Press (en castelán). 2020-01-14. Consultado o 2020-11-18. 
  9. "La franquicia de restaurantes Aloha Poké cambia el plástico de sus 'bowls' por materiales biodegradables". La Vanguardia (en castelán). 2019-08-05. Consultado o 2020-11-18. 
  10. "Aloha Poké retira los bowls desechables de todos sus locales". Confidencial Digital (en castelán). 2020-02-12. Consultado o 2020-11-18. 
  11. "Aloha Poké inaugura en Madrid su establecimiento número 16". Restauración News (en castelán). 2020-01-23. Consultado o 2020-11-18. 
  12. "Llega a Vigo la mesa para doce comensales desconocidos". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-03-13. Consultado o 2020-11-18. 
  13. "Aloha Poké desembarca en Mallorca". Revista Hostelería (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  14. "Aloha Poké llega a Zaragoza". Emprendedores (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  15. Vallano, Ricardo. "Aloha Poké llega a Canarias". Alimarket (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  16. "La restauración vivió la noche mágica de los Hot Concepts". Restauración News (en castelán). 2019-07-05. Consultado o 2020-11-18. 
  17. Gomez, Alicia (2019-07-15). "Los Premios Hot Concepts ya tienen ganadores". Actual Gastro (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  18. "Descubre a los finalistas de los Hot Concepts en Restauración en Hoteles". TecnoHotel (en castelán). 2019-06-10. Consultado o 2020-11-18. 
  19. "Estos son los finalistas de los Premios Nacionales de Marketing 2020". Dircomfidencial (en castelán). 2020-06-08. Consultado o 2020-11-18. 

Ligazóns externas