Saltar ao contido

Explorer 39: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
Novo artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de marzo de 2012 ás 18:59

Explorer 39 / AD-C
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de agosto de 1968[1][2][3]
Foguete portadorScout B[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][4]
Obxectivo da misiónMedición de densidades na atmosfera superior[2][4]
Decaemento22 de xuño de 1981[1][2][4]
NSSDC ID1968-066A
Masa9,4 kg[2][4]
DimensiónsEsfera de 3,6 m de diámetro[2]

Explorer 39, tamén denominado AD-C (Air Density C), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie de satélites Air Density lanzado o 8 de agosto de 1968 desde a base Vandenberg da Forza Aérea a bordo dun foguete Scout B.[4][2]

Características

Explorer 39 foi o cuarto dunha serie de satélites inflables esféricos de 3,6 metros de diámetro adicados a determinar a densidade da atmosfera superior. Foi lanzado xunto con Explorer 40 e inxectado nunha órbita inicial de 2522 km de apoxeo e 680 km de perixeo cunha inclinación orbital de 80,6 graos e un período orbital de 118,2 minutos.[3][4][2][5]

A esfera do satélite estaba formada capas alternas de aluminio e mylar. Sobre a capa externa, de aluminio, había círculos brancos de 5,1 cm de diámetro para o control térmico. Explorer 39 dous tipos de experimentos de densidade, implicando un deles o estudo sistemático da variación da densidade e o outro aplicado a variacións non sistemáticas. As densidades derivábanse do seguimento do satélite mediante unha baliza a bordo que emitía a 136,620 MHz de frecuencia e por medios ópticos. A baliza deixou de emitir en xuño de 1971[2][4]

Explorer 39 reentrou na atmosfera o 22 de xuño de 1981.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 39 (ADI-3)" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (4 de novembro de 2011). "AD-C" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 31 October 1968 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (68-25206): 2. 12 de novembro de 1968.  Parámetro descoñecido |consultado= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: AD" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  5. [Darling] (2012). "ADE (Air Density Explorer)" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012.  Comprobe o valor de |author-link1= (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas