Mole

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mole
Polo en salsa de mole vermello.
NomeMole
TipoMollo
Lugar de orixeMéxico

O termo mole (do náhuatl molli ou mulli), refírese a varios tipos de mollos mexicanos feitos principalmente a base de chiles e especias, e que son espesados con masa de millo, e tamén ós pratos con carne e vexetais que son preparados con estes mollos.

Orixinalmente facía referencia a calquera mollo ou combinación de ingredientes, e actualmente serve para nomear varios pratos da cociña mexicana, especificamente a un grupo de pratos que teñen algúns elementos en común, como o feito de prepararse a base de chiles e especias. Na cociña mexicana actual, o mole adoita acompañar carnes cocidas.[1]

O mole máis coñecido en México é o mole poblano, que para moitas persoas é o mole por antonomasia e adoita ser chamado "prato nacional" de México. Porén, existen moitas variedades de mole.

Cociñando mole en San Pedro Atocpan.
Muíño para creación do mole.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Torreón, El Siglo de (2006-12-23). "El mole poblano...platillo típico de México". www.elsiglodetorreon.com.mx (en castelán). Consultado o 2022-03-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]