Zunido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chámase zunido unha sensación auditiva cuxa fonte non advén de estímulo externo ao organismo, é un síntoma asociado a varias formas de perda auditiva pero tamén a outras enfermidades, xeralmente asociado a traumatismos. Trátase dun fenómeno perceptivo que consiste en notar golpes ou pitos no ouvido que non están orixinados en fonte externa ningunha.

Causas[editar | editar a fonte]

Este zunido suponse que se produce polo aumento da actividade das áreas cerebrais que interveñen na audición, e aparece asociado a trastornos do aparello auditivo. Non se limita a un tilintineo, pode percibirse en forma de pitos, zunido grave ou agudo, ronco, sibilancia, ruído branco, estrondo ou cantar de grilos, entre outros sons.

A forma máis habitual ten a súa orixe en lesións do oído interno, a cóclea, por exposición delongada a sons por riba do volume límite para a saúde humana, 85 decibelios. Outras causas poden ser as infeccións e as lesións, así como o uso dalgúns medicamentos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]