Yirrkala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 12°15′10″S 136°53′30″L / -12.25278, -136.89167 Yirrkala é unha comunidade aborixe na Terra de Arnhem, a 18 quilómetros ó sueste da vila mineira de Nhulunbuy. No censo de 2006, Yirrkala tiña unha poboación de 687 persoas.[1]

Foi unha comunidade indíxena ó longo da historia, pero medrou despois da construción dunha misión cristiá en 1935. O goberno local e a xestión son responsabilidade do pobo yolngu. Yirrkala tamén é o lugar de orixe de pilotos e enxeñeiros da Mission Aviation Fellowship na Terra de Arnhem.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Censo 2006". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]