Xustaposición

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A xustaposición é, xunto coa coordinación e a subordinación, un dos tres procedementos para combinar sentencias ou frases e pór de relevo unha relación sintáctica entre elas. Así mesmo, a xustaposición é unha das formas de creacións de palabras xunto coa sinapsia, a disxunción, a contraposición e a derivación. Algúns exemplos son menosprezar, malfeitor ou pasatempo.

Ao respecto de xustaposición como sistema combinatorio de oracións, a diferenza dos outros procedementos, non precisa de nexos, senón de pausas ou signos gráficos de puntuación na lingua escrita para relacionar dúas proposicións. Se cadra, isto outórgalle un certo carácter de ambigüidade e se presta a posíbeis malas interpretacións por parte do ouvinte. Un exemplo de frase xustaposta é: Chovía a cachón + Non saímos dar o paseo = Chovía a cachón; non saímos dar o paseo.