Xornada Universitaria Galega en Xénero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Xornada Universitaria Galega en xénero (XUGEX) é unha iniciativa desenvolvida polas oficinas de igualdade do Sistema Universitario Galego (Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Oficina de Igualdade de Xénero da USC e Oficina para a igualdade de Xénero da UDC) co fin de visibilizar as investigacións con perspectiva de xénero e feministas, promovendo a creación de redes de colaboración.[1]

A xornada, conta xa con seis edicións celebradas en distintas cidades, e cada unha delas cun lema diferente:

  • I XUGEX. Roles de xénero en tempos de crise. Celebrada en Santiago de Compostela 20 e 21 de xuño de 2013.[2]
  • II XUGEX. Roles de xénero nun mundo globalizado. Celebrada en Ferrol o 12 de xuño de 2014.[3]
  • III XUGEX. Trazos de xénero no século XXI. Celebrada en Pontevedra o 5 de xuño de 2015.[4]
  • IV XUGEX. Perspectiva de xénero na docencia universitaria. Celebrada en Santiago de Compostela o 15 de xullo de 2016.[5]
  • V XUGEX. Transformando dende a Universidade. Celebrada en Vigo o 7 de xullo de 2017.[6]
  • VI XUGEX. (Re)construíndo o coñecemento. Celebrada na Coruña o 14 de xuño de 2019.[7]
  • VII XUGEX Desigualdades de xénero en tempos de COVID.10 e 11 de xuño de 2021 na Universidade de Santiago de Compostela (en liña)
  • VIII XUGEX Epistemoloxías feministas en acción. Celebrada en Vigo o 9 de xuño de 2023.

No 2016 a xornada abriuse a participación de persoal docente e investigador doutras universidades do sistema universitario español.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Díaz, Ana Jesús López; Lorenzo, Eva Aguayo; Penín, Anabel González (2019). "Xornada Universitaria Galega en Xénero: cinco años trabajando en red". XI Encuentro de Unidades de Igualdad de las Universidades Españolas: (Universidade da Coruña, 24-25 de mayo 2018), 2019, ISBN 978-84-9749-773-2, págs. 37-43 (Servizo de Publicacións): 37–43. ISBN 978-84-9749-773-2. 
  2. Penín, Anabel González; Lorenzo, Eva Aguayo; Díaz, Ana Jesús López (2013). Roles de xénero en tempos de crise. Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico. ISBN 978-84-15876-62-5. 
  3. Díaz, Ana Jesús López; Penín, Anabel González; Lorenzo, Eva Aguayo (2014). II Xornada Universitaria Galega en Xénero. Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9749-599-8. 
  4. Penín, Anabel González; Díaz, Ana Jesús López; Lorenzo, Eva Aguayo (2015). Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-694-7. 
  5. "Perspectiva de xénero na docencia universitaria. IV Xornada Universitaria Galega en Xénero, Santiago de Compostela, 15 de xull". Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (en castelán). Consultado o 2020-12-31. 
  6. Penín, Anabel González; Lorenzo, Eva Aguayo; Díaz, Ana Jesús López (2017). Transformando dende a universidade: V Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-766-1. 
  7. Díaz, Ana Jesús López; Suárez, Águeda Gómez; Lorenzo, Eva Aguayo (2019). (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9749-758-9. 
  8. "IV Xornada Universitaria Galega en Xénero - - USC". www.usc.gal. Consultado o 2020-12-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]