XCP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

XCP, ou na súa identificación en inglés Universal Measurement and Calibration Protocol é unha interface de lectura e escritura nos accesos dunha ECU, enfocado á recollida de medidas de calibración de sensores ou outros instrumentos que precisen ser calibrados. O x en XCP referencia á gran variedade de protocolos de calibración sobre os que pode traballar (CAN, CAN FD, Ethernet, Flexray...). O acceso a parámetros e variábeis de medida faise baixo un principio de táboa de direccións. As propiedades dos valores e a súa dirección de memoria veñen descritas nun ficheiro de formato A2L. O A2L contén toda a información requirida para habilitar o acceso a esa dirección de memoria e interpretar a información recollida. XCP está deseñado como unha solución master-slave. Un controlador contén un driver de protocolo que responde a peticións de acceso por parte do master.

O método funciona de xeito universal, aínda que é principalmente empregado para calibrar sensores dun vehículo, non está limitado a sistemas embebidos ou ECUs. XCP pode empregarse para adquirir medidas de axuste de parámetros de calquera aplicación de software, incluso dunha simulación de PC.[1]

Vantaxes[editar | editar a fonte]

  • Protocolo estandarizado pola asociación internacional ASAM.
  • Optimizado para un uso mínimo de recursos (rutinas, cargas do bus)
  • Medidas sincronizadas cos eventos que recollen. Engádense marcas temporais durante a recollida de datos.
  • Comunicacións de Plug-and-play entre o máster e o escravo ordeando as funcións dispoñíbeis no lado do escravo.
  • XCP é capaz de pontear (Bypassing).
  • XCP mide o espertar do equipo electrónico, no acendido.
  • Como un protocolo de dúas capas, XCP separa protocolo e transporte e usa unha relación dun só master e múltiples escravos, master/multi-slave.

Notas[editar | editar a fonte]