Warcraft II: Tides of Darkness

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Warcraft II: Tides of Darkness
Desenvolvedor(es)Blizzard Entertainment
Distribuidora(s)Blizzard Entertainment, Ubisoft e Electronic Arts
Deseñador(es)Ron Millar
Lanzamento9 de decembro de 1995 e 1996
Xénerovideoxogo de estratexia en tempo real e fantasy video game
Modos de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Microsoft Windows, DOS, Saturn, PlayStation e Mac OS Classic
Na rede
http://eu.blizzard.com/ru-ru/games/legacy/index.html
editar datos en Wikidata ]

Warcraft II: Tides of Darkness é un videoxogo de estratexia creado por Blizzard Entertainment, secuela de Warcraft: Orcs & Humans Warcraft II mantén a mesma esencia de Warcraft: Orcs & Humans, nesta entrega os xogadores escollen entre algúndos dous bandos enemistados: os humanos ou os orcos. Esta vez, con todo, o número de criaturas involucradas é maior, os humanos posúen a axuda de elfos, ananos e gnomos; mentres que os orcos reúnen aos trols, ogros e goblins. O xogo mellora notablemente o control e as gráficas do xogo, así como a intelixencia artificial. A historia apenas revelada do universo fantástico de Warcraft sitúa o comezo da Segunda Gran Guerra seis anos logo da Primeira Guerra. Azeroth atópase en ruínas, e a nación de Stormwind buscou refuxio nos continentes do norte. A humanidade formou a Alianza de Lordaeron para poder deter o avance dos orcos e os seus aliados, que se achegan polo Mar do Sur facendo verdadeiras "mareas da escuridade".


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.