Word of Honor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Word of Honor
Na rede
IMDB: tt12458172 Netlix: 81450719Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Word of Honor[1][2][3][4] (chinés: 山河令[5]), antes coñecida como A Tale of the Wanderers é un drama fantástico de aventuras chinés do 2021. A serie de televisión foi coproducida por Ciwen Media e Youku, dirixida por Cheng Zhi Chao, Ma Hua Gan e Li Hong Yu e escrita por Xiao Chu. Trátase dunha adaptación da novela danmei (xénero de ficción chinés centrado en historias románticas de amor e atracción entre homes) "Vagabundos Afastados" (天涯客) de Priest[6].

Está protagonizada por Zhang Zhehan (chinés: 张哲瀚) e Gong Jun (chinés: 龚俊) nos papeis principais. A serie emitiuse en Youku do 22 de febreiro ao 5 de maio con 36 episodios, ademais dun pequeno clip extra que mostra o que pasou despois do final da serie principal.[7][8][9]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Para abandonar a organización secreta de asasinos 'Ventá do Ceo', o líder Zhou Zi Shu realiza unha técnica obrigatoria para saír, que o deixa con só tres anos de vida. Disfrázase e trata de vivir o resto dos seus días coma un borracho deambulando polo mundo das artes marciais.

Tres meses despois, coñece ao misterioso Wen Ke Xing, quen inmediatamente se decata da fachada de Zhou Zi Shu. Os dous achéganse máis cando se enredan nunha conspiración que inclúe a 'Armadura Acristalada', unha protexida chave lendaria que dá acceso a un poderoso arsenal.[10][11][12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Word of Honor (serie 2021) - Tráiler. resumen, reparto y dónde ver. Creada por". La Vanguardia (en castelán). 2022-07-29. Consultado o 2022-07-29. 
  2. "Word of Honor | Mainland China | Drama | Watch with English Subtitles & More ✔️" (en inglés). Consultado o 2022-07-29. 
  3. "Word of Honor". 2021-05-28. Consultado o 2022-07-29. 
  4. "Word of Honor". 
  5. "山河令". 百度百科. Consultado o 2022-07-29. 
  6. "Priest". mydramalist.com (en inglés). Consultado o 2022-07-29. 
  7. "《山河令》发布最新追剧日历 明天(3月9日)开始超前点播_App". m.sohu.com (en inglés). Consultado o 2022-07-29. [Ligazón morta]
  8. Lee, Eva (2022-03-16). "2021最好看七部「BL劇」推薦!宋威龍、陳飛宇、井柏然、羅雲熙...滿屏古裝美男點燃你的腐女心". Cosmopolitan (en chinés). Consultado o 2022-07-29. 
  9. "《山河令》开播 张哲瀚龚俊领衔再谱江湖风云-中国新闻网". web.archive.org. 2022-01-03. Archived from the original on 03 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-07-29. 
  10. "《山河令》好磕的點究竟在哪裡!來看看你沒發現的糖". MdEditor. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2021. Consultado o 2022-07-29. 
  11. "Word of Honor" (en inglés). Consultado o 2022-07-29. 
  12. "Watch Word of Honor | Prime Video". www.amazon.co.uk. Consultado o 2022-07-29. 
  13. "Astro Content". content.astro.com.my (en inglés). Consultado o 2022-07-29.