Witches (Discworld)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Witches son personaxes das novelas da saga Mundodisco, do escritor inglés Terry Pratchett.

Características[editar | editar a fonte]

Nunha das principais liñas da historia interveñen as bruxas de Lancre. Estas están principalmente ligadas ó folclore británico das bruxas, combinada con algo de Wicca e mostradas como unha versión moderna das tres Moiras ou Deusas do Destino: A Doncela, A Nai e A Arpía.

A maxia das bruxas é bastante diferente da maxia dos Magos que se ensina na Universidade Invisible, e consiste principalmente no seu propio sentido común, moito traballo duro, e encontrar a panca adecuada que fai que todo o relacionado con esta funcione correctamente. Ocasionalmente usan unha rama da psicoloxía coñecida como a "Cabezoloxía". Isto non quere dicir que no sexan capaces de facer Maxia Abracadabra, senón que prefiren evitar o seu uso sempre que non sexa absolutamente necesario. Como resultado disto, a cantidade de enerxía propia que se usa é bastante menor: unha bruxa é capaz de facer moitas máis cousas que un mago do seu mesmo nivel. Outra diferenza coa maxia da Universidade Invisible é que esta ensina en masa (en curso con moitos alumnos), mentres que a bruxería se ensina individualmente (unha bruxa experimentada e a súa aprendiz). Aínda que o talento máxico tende a correr por familia, as bruxas nunca ensinan as súas propias fillas, pois isto complicaría o seu xuízo no aprendizaxe.

En términos xerais as bruxas son mulleres e os home magos, aínda que houbo polo menos unha maga na Universidade Invisible (Equal Rites) e son bastante comúns na illa de Krull The colour of the magic, mentres que se fan varias referencias a médicos bruxos (Eric), e os druídas teñen unha maxia máis parecida á das bruxas que a dos magos. As bruxas axudan ás persoas a axudarse a elas mesmas, e non piden nada a cambio da axuda.

As bruxas principais son as do aquelarre de Lancre: Granny Weatherwax, Nanny Ogg, Magrat Garlick] e posteriormente Agnes Nitt. Existe unha subserie orientada a rapaces-adultos que introduce un novo personaxe, Tiffany Aching, cuxa historia vaise entrelazando gradualmente coa do aquelarre de Lancre.