Wikipedia:Wikimedia Galiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nesta páxina, discútese unha proposta de creación de Wikimedia Galiza, capítulo localizado en Galiza da Wikimedia Foundation.

Nada mellor que unha tradución do Local Chapters FAQ, en Meta para entender mellor algunhas cuestións referentes aos capítulos locais. Embaixo, está traducido o que interesa para os primeiros momentos da creación. Se se pide, traducirase completamente.

Tradución parcial do FAQ[editar a fonte]

Cuestións xerais[editar a fonte]

Que é un capítulo local?[editar a fonte]

Os capítulos locais son organizacións independentes fundadadas para axudar e publicar os proxectos Wikimedia dentro dunha rexión xeográfica específica (país). Ao igual que a Wikimedia Foundation, os seus obxectivos son "darlle pulo e compremeter a xente ó redor do mundo para recoller e desenvolver contido educacional baixo unha licenza libre ou no dominio público, e diseminalo global e eficazmente.

Por que ter capítulos locais?[editar a fonte]

Os capítulos existen para aumentar as metas de Wikimedia. Fanno mediante un gran rango de actividades, que inclúen, pero non están limitadas, o seguinte:

  • Promover os proxectos Wikimedia para que xente nova e diferente se una a eles ou os use (académicos, científicos, estudantes universitarios, escolas, bibliotecas, etc.)
  • Investigar e negociar colaboracións financieiras ou morais para axudar aos proxectos Wikimedia.
  • Axudar a organizacións externas a usar contenido de Wikimedia, posibelmente para o seu propio beneficio (por exemplo, axudar ós que publiquen Wikireaders de historia local, ou un DVD de Wikipedia nunha lingua calquera).
  • Organizar eventos e iniciativas locais e nacionais (por exemplo, participar en ferias comerciais, preparar festas de Wikimedia, dar conferencias, etc.)
  • Levar as Relacións Públicas nun país determinado, darlle á prensa un interlocutor na súa propia lingua e cultura.
  • Permitir (onde se poida) doazóns deducíbeis dos impostos no país no que están baseadas.
  • Promover o Contido Libre e a cultura wiki no seu territorio respectivo.

Baséanse os capítulos na lingua ou na xeografía?[editar a fonte]

Os capítulos están baseados na xeografía, aínda que isto non exclúe a xente dunha área particular de unirse ó capítulo da súa elección, dependendo da súa lingua e afinidades. Nos países onde hai varias linguas oficiais, o capítulo local non debe estar baseado nunha única, senón incluír xente interesada das distintas linguas oficiais.

Relacións Capítulo - Wikimedia Foundation[editar a fonte]

Os capítulos representan legalmente á Fundación?[editar a fonte]

Non, os capítulos non representan legalmente á Fundación. Son entidades legais separadas e independentes, só ligadas polo traballo que cumpren na súa xurisdición.

Poderían ser asinados varios acordos entre cada capítulo e a Wikimedia Foundation, por exemplo para permitirlles usar o nome e os logos, mais os capítulos non representan á Wikimedia Foundation, así como a Wikimedia Foundation non representa aos capítulos.

Cuestións sobre a creación de capítulos[editar a fonte]

Para iniciar un novo capítulo debes ser un editor experimentado dun proxecto Wikimedia nunha lingua que sexa amplamente falada no teu país. Por suposto, unha soa persoa non é normalmente dabondo para crear unha organización completamente operativa, así que terás de atopar algúns editores activos do teu país que tamén estean interesados e queiran participar en todo o traballo que implica a creación dunha entidade legal.

Axudaría moito se polo menos unha desas persoas xa estivera involucrada en discusións concernientes á Wikimedia Foundation, e se polo menos outra persoa xa ten algún tipo de experiencia con asuntos legais.

Para a creación en si mesma, deberiades ter un grupo entre 10 e 20 persoas (se podedes atopar máis, está ben, por suposto), incluso se as vosas leis locais reuiren un número menor.

Que forma legal debe ter un capítulo local?[editar a fonte]

Nos países onde ese estatuto sexa aplicábel, o capítulo local deber ser sen ánimo de lucro, seguindo a lexislación local para esas organizacións.

Todos os capítulos existentes (en xaneiro de 2007) son organizacións de socios, permitindo ás persoas interesadas unirse ao capítulo como membros con dereito a voto, pero a forma legal final debe ser elixida mirando o mellor xeito de acadar as metas similares ás de Wikimedia.

Debates previos[editar a fonte]

  • Que forma de organización debemos ter, asociación ou fundación?
  • Se nos formamos como asociación, debemos por unha cuota de socio?
  • Que cargos debe ter a Xunta Directiva ou o Padroado?
  • E as que xurdan.

Capítulos locais existentes[editar a fonte]

code Capítulo Data de fundación Estatutos Páxina web Lista de correo Contacto Membros
de m:Wikimedia Deutschland 13 de xuño de 2004 de, en, nl wikimedia.de vereinde-l Kurt Jansson, akl > 340
fr m:Wikimédia France 23 de outubro de 2004 fr wikimedia.fr wikimediafr-l ~Pyb, guillom 97
it m:Wikimedia Italia 17 de xuño de 2005 it & en wikimedia.it associazione@wikimedia.it Frieda, Sbisolo 140
pl m:Wikimedia Polska 14 de agosto de 2005 pl, en pl.wikimedia.org wikimediapl-l Datrio 62
sr m:Wikimedia Serbia 3 de decembro de 2005 sr, sr (local copy), en (local copy) rs.wikimedia.org wikimediasr-l dungodung ~ 40
uk m:Wikimedia UK 14 de febreiro de 2006 MoA & AoA wikimedia.org.uk wikimediauk-l AlisonW (5)
nl m:Wikimedia Nederland 27 de marzo de 2006 Articles of incorporation
Bylaws
nl.wikimedia.org wikimedianl-l Ziko ~ 30
ch m:Wikimedia CH 14 de maio de 2006 [1] in de, en, fr and it www.wikimedia.ch wikimediach-l info@wikimedia.ch 46
il m:Wikimedia Israel 15 de xullo de 2007 (aprobada pola WMF o 6 de marzo de 2007) Official version (he, legaly binding), en translation [2] in he, ar and en Non dispoñíebl DrorK 10
tw m:Wikimedia Taiwan 11 de febreiro de 2007 (aprobada pola WMF o 4 de xullo de 2004) zh, en wikimedia.tw Google group Theodoranian (Chair), Htchien (Secretariat)

Capítulos aos que lles falta a aprobación da WMF[editar a fonte]

code Capítulo Data de fundación Estatutos Páxina web Lista de correo Contacto
ar m:Wikimedia Argentina - spanish/english Wikimedia Argentina Wikimedia-ar Patricio.lorente - Mahadeva
hk m:Wikimedia Hong Kong - zh, en (MOA), en (AOA) (drafts) m:Wikimedia Hong Kong - m:Talk:Wikimedia Hong Kong or m:Wikimedia Hong Kong/Contact
se m:Wikimedia Sverige - sv; en m:Wikimedia Sverige ver web ver web
no m:Wikimedia Norge - nb, en www.wikimedia.no Wikimedia-no Hans Rosbach (presidente), Silje L. Bakke (Vicepresidente)

Interesados[editar a fonte]

Se estás interesado ou interesada en colaborar no proceso de creación de Wikimedia Galiza, asina aquí:

Interesados[editar a fonte]

Ligazóns[editar a fonte]

Leis e decretos[editar a fonte]