Wikipedia:Votacións para borrar/Lista de Universidades de España
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Votación para borrar o artigo Lista de Universidades de España
Período de votación: 08.07.2008 - 21.07.2008
SI: 1 — NON: 3 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Non borrado |
Lista de Universidades de España[editar a fonte]
Creo que este é un artigo que se debe borrar, porque:
- o seu contido non se corresponde exactamente co título: un artigo titulado lista de universidades de España, que non tería por que estar mal, debería estruturarse en seccións xeográficas, de capital público/privado, de data de creación, etc., pero non unicamente como un índice de calidade.
- o contido do artigo ten unha caducidade moi alta; é propio dun xornal ou dunha revista de educación, pero non dunha enciclopedia.
- o contido baséase unicamente nun índice de calidade, o editado por un xornal en particular. É dicir, o título correcto do que aí está recollido sería: "lista das universidades de España segundo o criterio de calidade do xornal El Mundo". E iso creo que non é enciclopédico. De feito, os seus equivalentes en español, non son lista de universidades, senón ranking de universidades, e están formulados dun xeito distinto, tendo como principais outros artigos que este non ten.
- os cambios que habería que facerlle ao artigo para que se correspondese co título serían tan grandes que paga a pena borralo e comezar de novo.--Xabier Cid Conversa 12:23, 8 xullo 2008 (UTC)
Borrar[editar a fonte]
Borrar--Xabier Cid Conversa 12:23, 8 xullo 2008 (UTC)Borrar Ademais dos argumentos dados por Xabier eu engadiría a inutilidade dunha lista de universidades, sexa co criterio que sexa. Pedro --Lameiro (conversa) 14:49, 8 xullo 2008 (UTC)O artigo que hoxe temos non é o que era antes (a verdade é que xa nada é como antes). Pedro --Lameiro (conversa) 23:59, 17 xullo 2008 (UTC)Borrar Home, tanto como inutilidade... terá mais ou menos que o resto de listas, creo eu :). Eu estaría por refacer o artigo tal e como di Xabier no primeiro punto, pero para iso case mellor borrar e partir de 0 ... --☣Banjo tell me 16:52, 8 xullo 2008 (UTC)Borrar --Miguel.lima 11:23, 9 xullo 2008 (UTC)Borrar --Toliño Fala aquí comigo 11:24, 11 xullo 2008 (UTC)Borrar--Arco de Rayne 16:23, 15 xullo 2008 (UTC)- Borrar. Xabier Cid achega argumentos dabondo para borrala. --Prevertgl 17:33, 15 xullo 2008 (UTC)
Manter[editar a fonte]
- Manter Elvire está a traballar en refacelo, e non leva mala pinta. Ao final vai ser millor mantelo e botarlle unha mán :) --☣Banjo tell me 18:11, 15 xullo 2008 (UTC)
- Manter Despoís de haber mudado o contido que agora correspon ao titúlo e pareceme que correspon tamén as regras. Ainda se pode millorar, pero iso é outro tema. ElviraConversa comigo 12:45, 17 xullo 2008 (UTC)
- Manter Coas últimas modificacións o artigo cambiou de cariz, resolvéndose os problemas que tiña.--Arco de Rayne 15:36, 17 xullo 2008 (UTC)
Neutro[editar a fonte]
Comentario[editar a fonte]
- Así coma curiosidade, o artigo está sacado da wiki española (es:Anexo:Ranking de universidades españolas) ... que criterios máis raros teñen alí para os artigos, non? :) --☣Banjo tell me 17:07, 8 xullo 2008 (UTC)
- Concordo a 100% con Xabier, pero doime moito darme conta que non temos listas das universidades. A ver si teño folgos esta noite para cavilar e discordar con Xabier cando di "os cambios que habería que facerlle ao artigo para que se correspondese co título serían tan grandes que paga a pena borralo e comezar de novo.--Xabier Cid Conversa 12:23, 8 xullo 2008 (UTC)". Aprecio moito a limpeza que andase a facer e a comunicacíon cos usuarios , a ver si eu tamen fago algo útil e logo voto. ElviraConversa comigo 16:20, 15 xullo 2008 (UTC)
- Cambie o contido do artigo para que concorde co titulo e con regras que penso son aceptabiles pola Galipedia. Vou avisar todos que votaron para perdirlle si mudan o voto co contido actual. Polo momento puxen as ligazóns interwiki no noso artigo, per non fun pór o nosa artigo nas outras wikis. No caso que se manteña o borrado, non me parecera mal, fixen o que puiden porque me gusta ter artigos sobre as universidades, e nise caso poís repasei os meus coñocementos sobre as universidades españolas, faltan algunhas e persoalmente descubrín cousas. Si se conserva o artigo, ainda amañarei un pouquiño. Xabier tiña razón ao dicir que era moito traballo ! ElviraConversa comigo 12:45, 17 xullo 2008 (UTC)
- Agardar. Vou agardar polo de agora (a ver se podo contribuír algo co artigo para poder mantelo). --Toliño Fala aquí comigo 12:51, 17 xullo 2008 (UTC)
- ¿E non vai sendo tempo de dar por pechada esta votación? Como xa dixen, creo que o artigo que agora temos xa non é o que se propuxo borrar, e boa parte dos que apoiamos aquela proposta mudamos o voto, co que parece obvio que a proposta se rechaza. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:33, 21 xullo 2008 (UTC)