Wikipedia:Sobre Galicia/xaneiro 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A morte na cultura popular galega responde ás diversas opcións relixiosas e filosóficas de cada quen, pero tamén ó contexto social no que se vive, rural ou urbano, ata hai ben pouco claramente diferentes. As diversas tradicións e prácticas ritualizadas ó redor do momento da morte dun veciño, tantas veces deostadas como simples supersticións, baseábanse nunha estrutura de cohesión do grupo social, neste caso o lugar ou a parroquia, cun sistema de colaboración firmemente establecido no seu modo de entende-la vida e tamén no seu modo de enfrontarse á morte. A morte, así, entendíase máis como unha viaxe desta vida, material e corpórea, a outra vida, espiritual.