Wikipedia:Sobre Galicia/setembro 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A primeira incursión dos viquingos en Galicia aparece nos Annales Bertiniani: en agosto de 844 un grupo procedente dunha expedición de saqueo, que se adentrara polo Garona, chegou ata Galicia empurrado por unha tempestade e foi rexeitado nos arredores da Torre de Hércules despois de saquear algunhas aldeas da costa. No 858 un continxente dirixiuse cara a ría de Arousa e, tras saquear Iria Flavia, chegou ata Santiago de Compostela á que puxo sitio; malia que os seus veciños pagaron un tributo para evitar o saqueo, os viquingos intentaron entrar na cidade; nese momento un exército dirixido polo conde Pedro enfrontouse a eles, derrotándoos e destruíndo varios dos seus barcos. Como consecuencia desta expedición cambiouse a episcopal de Iria a Santiago de Compostela.