Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Liáns, Oleiros. Peirao.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 4 a favor, ningún en contra. Non se elixe como imaxe da semana.
Ficheiro:Liáns, Oleiros. Peirao.jpg[editar a fonte]
- Información: imaxe creada por Carlos de Paz e cargada por Iesmgb2; proposta por Xoacas. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:33, 7 de xullo de 2010 (UTC)
- A favor
- Concordo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:33, 7 de xullo de 2010 (UTC)
- Concordo. Suxestión de pe de foto: Chinchorros nun peirao de Oleiros. Vexa o artigo Ría da Coruña.--. HombreDHojalata.conversa 15:57, 8 de xullo de 2010 (UTC)
- Concordo.--Elvira (conversa comigo) 11:53, 26 de xullo de 2010 (UTC)
- Concordo --Alberte Si, dígame? 23:57, 13 de agosto de 2010 (UTC)
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Comentario A foto chámase Liáns, Oleiros, mais empregámola no artigo Serantes, Oleiros. E mesmo vendo o mapa da dereita, asemella que estaría en Maianca, Oleiros. Alguén pode aclaralo?
Penso que, en todo caso, xa sexa Serantes ou Maianca, estaría mal nomeada en Commons. Seguramente poderíase renomear aplicando o dito en commons:Template:Rename/es.
Tamén pode engadirse a xeolocalización en commons engadindo en commons:File:Liáns, Oleiros. Peirao.jpg o código {{location|XX|XX|XX.XX|N|YY|YY|YY.YY|W|region:GL}}, substituíndo as X e Y polas coordenadas.--. HombreDHojalata.conversa 17:57, 7 de xullo de 2010 (UTC)
Comentario Penso que podo aclarar algo: falando de memoria, o límite entre as parroquias de Serantes e Maianca é a capela de Santa Ana, que se atopa ao final do peirao (á esquerda e fóra da foto). Pero xa digo que isto é falar de memoria, se cadra vou errado e Maianca colle o peirao. Eu falo polo que a xente do lugar me dixo hai tempo e polo que a miña cabeza soubo conservar. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:34, 7 de xullo de 2010 (UTC)
- Sobre o antedito, non me fagades nin caso. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:24, 14 de agosto de 2010 (UTC)
Localización da cámara | 43° 22′ 37.19″ N, 8° 20′ 15.87″ O | Esta e outras imaxes na súa localización en: OpenStreetMap - GoogleEarth |
---|
Comentario. Outra suxestión de pe de foto: Embarcadoiro de Mera, en Oleiros. Vexa o artigo Porto (comunicacións). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:41, 14 de xullo de 2010 (UTC)