Wikipedia:HotCat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallos:
WP:HotCat
WP:HC

HotCat é un programa JavaScript que axuda aos usuarios rexistrados a eliminar, engadir e cambiar categorías nas páxinas de Wikipedia. Ten unha lista de suxestións que propón categorías existentes para que se engadan automaticamente.

Exemplo de uso do HotCat

Instalación[editar | editar a fonte]

Para instalar o HotCat, accede ás túas preferencias e selecciona a opción HotCat na pestana de Trebellos.

Outra maneira de instalalo:

  1. copia e pega o seguinte código ao final de: Special:Mypage/skin.js:
    importScript('MediaWiki:Gadget-HotCat.js');
  2. garda a páxina, e
  3. refresca o caché
  4. Agora terás os signos + e - á beira das túas categorías. Ao facer clic sobre eles podes eliminar, engadir ou modificar categorías facilmente.

Como usar HotCat[editar | editar a fonte]

Cada vez que se carga unha páxina, HotCat busca a barra de categorías. Se hai categorías visibles, engade ligazóns para eliminar, cambiar ou engadir categorías facilmente:

Unha barra de categorías modificada por HotCat.

As novas ligazóns son:

  • "(-)" despois dunha categoría: ao facer clic, a categoría é eliminada.
  • "(±)" despois dunha categoría: ao facer clic, ábrese unha barra adicional para poder cambiar esta categoría.
  • "(+)" ao final da lista de categorías: ao facer clic ábrese unha barra adicional para poder engadir unha categoría.
  • "(++)" na parte dianteira: ao facer clic, úsase o modo multi-cambio, permitindo modificar máis dunha categoría.

Como eliminar unha soa categoría[editar | editar a fonte]

Para eliminar unha categoría, faga clic na ligazón "(-)" que está ó ldao do nome da categoría. Se a páxina contén esta categoría, HotCat eliminaraa automaticamente:

  1. abrirá unha nova xanela ou pestana no teu navegador coa páxina actual aberta para a súa edición;
  2. ocultará o formulario de edición enteiro, para que non se poida editar;
  3. editará a páxina para eliminar a categoría, e
  4. gardará a páxina.

Como cambiar unha categoría[editar | editar a fonte]

Para cambiar unha categoría, faga clic sobre a ligazón "(±)", ó lado do nome da categoría. Isto abrirá o cadro de entrada onde pode introducir o nome da categoría.

Como engadir unha categoría[editar | editar a fonte]

Para engadir unha categoría, faga clic sobre a ligazón "(+)" ao final da liña de categorías. Isto abrirá o cadro de entrada onde poderá introducir o nome da nova categoría.

Cadro de entrada[editar | editar a fonte]

O cadro de entrada de HotCat.

O cadro de entrada de HotCat é moi simple: un espazo onde podes escribir o nome da categoría, un botón de "OK" e outro de "Cancelar". A icona indicadora axudarache a saber se existe a categoría cuxo nome escribiches. Se esta categoría non existe, aparecerá despois en vermello, no canto de en azul, coas demais categorías.

O cadro de entrada cunha lista de suxestións.

Cando empezas a escribir, HotCat desprega unha lista de suxestións que empezan polo que escribiches. Se feixes clic enrriba dunha destas suxestións, esta copiarase no cadro de entrada. Se fas un dobre clic, é coma se primeiro fixeses clic na categoría e despois en OK.

O cadro de entrada cunha lista de suxestións.

No exemplo que se ve na captura, escribimos Alps of, polo que nos mostra todas as categorías que empezan con esas palabras. Se despois escribimos o S, as opcións redúcense, xa que hai menos categorías que empecen con Alps of S. Se facemos clic encima dunha das suxestións, esta escribirase na caixa automaticamente.

Se fas clic no botón Cancelar, pecharíase o cadro de entrada. En cambio, se fas clic en OK, faríase o cambio, introducindo a categoría.

Cambio múltiple de categorías[editar | editar a fonte]

No modo de cambio múltiple, os cambios de categorías son gardados, soamente cando se fai clic no botón "gardar" (ou "save").

A interface de usuario de HotCat é minimalista de forma intencionada e está feita coa intención de facilitar e acelerar a interacción. Se fai clic nunha ligazón "(-)" para quitar unha categoría, a edición efectúase inmediatamente; funciona da mesma maneira cando se engade ou se cambia unha categoría.

HotCat soporta o cambio múltiple simultáneo de categorías. Se fai clic na ligazón "(++)" ao principio da liña de categorías, HotCat usará o seu modo de cambio múltiple e a ligazón "(++)" é substituída por un botón de gardado (save) e todos os cambios que fagas na páxina serán gardados soamente cando se faga clic nese botón. Inicialmente o botón móstrase deshabilitado. Só se habilita cando se fan cambios de categorías que necesitan ser gardados.

No modo de cambio múltiple, os cambios de categorías son gardados, soamente cando se pulsa no botón "gardar" (ou "save").

O modo de cambio múltiple tamén se habilita automaticamente se se ten un campo de categoría aberto e simultaneamente agrégase, cambia ou elimina outra categoría.

No modo múltiple, a edición non se produce inmediatamente cando se fai un cambio ou un borrado de categoría, e o cambio só se verá reflectido na pantalla, permitindo facer cambios posteriores. HotCat agrega un número calquera de ligazóns "(×)" despois de cada categoría cambiada. Esta é unha ligazón de "desfacer edición" e poderá usarse para desfacer a última acción efectuada nesa categoría. As eliminacións (ou borrado) de categorías están indicadas co nome en formato riscado. HotCat tamén marca os cambios de categoría non gardados cun fondo de cor distinta na ligazón da categoría correspondente.

Unha vez que se fixo clic no botón de gardado (save), HotCat aplicará os cambios e abrirá a páxina nunha xanela de edición, onde se mostrarán os devanditos cambios. Lembra que os cambios aínda non foron gardados! Revísaos e comproba que son os que desexabas facer e despois gárdaos como se garda calquera outra edición.

Lembra que, aínda que HotCat aplica os cambios automaticamente cando se modifica unha soa categoría, no modo múltiple non o fai e sempre abre unha xanela para mostrar as modificacións feitas, as cales deberán revisarse antes de gardar os cambios manual e definitivamente.

Compatibilidade[editar | editar a fonte]

  • Safari 3 & 4: Testeado e funcionando plenamente
  • Safari 2: Ten problemas (non prexudiciais) para usar a ligazón de "cambio" (±)
  • Firefox 2 & 3: Testeado e funcionando plenamente
  • IE 6, 7 & 8: Testeado e funcionando plenamente
  • Google Chrome: Testeado e funcionando plenamente
  • Opera: Testeado e funcionando plenamente

Tamén está testeado e confirmado para traballar xunto aos Popups de navegación e o wikEd no formato de aparencia (skin) moderno.