Axuda:Navegar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A seguinte páxina trata sobre a navegación a través das diferentes páxinas da Galipedia.

Procuras[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Axuda:Procurar.

Para comezar, na parte superior de todas as páxinas aparece unha caixa de procuras que permite buscar contidos mediante as palabras que se escriban nela.

Ligazóns[editar | editar a fonte]

Alí onde vexas un texto en cor azul, como este, significa que é unha ligazón cara a outra páxina da Galipedia que contén máis información por se a necesitases. Se mantés o rato por riba da ligazón verás o nome da páxina á que te conducirá. No caso dos artigos, isto quere dicir que non é necesario que estes cubran todos os aspectos en profundidade, podendo desenvolvelos noutros artigos relacionados. Deste xeito, estás sempre a un clic de distancia de información adicional alí onde olles unha ligazón.

Algúns artigos tamén poden conter ligazóns cara a definicións de dicionario ou o mesmo artigo noutras linguas. Ademais, tamén hai outras ligazóns ao final da meirande parte dos artigos, conformando unha lista con outros artigos de interese, páxinas web externas e materiais de referencia que completan os coñecementos.

Categorías[editar | editar a fonte]

Por debaixo da lista de ligazóns detallada na sección anterior, metidas nunha caixa, hai unha ou varias categorías que permiten navegar polas diferentes ramas de coñecemento.

A continuación tes algunhas das categorías fundamentais:

Arte e Cultura | Xeografía | Historia | Matemáticas | Personalidades | Filosofía | Ciencia | Sociedade | Tecnoloxía

Portada[editar | editar a fonte]

A Portada da Galipedia inclúe diversas ligazóns útiles debaixo do cadro de benvida. Abaixo á dereita tamén hai un índice coas categorías máis importantes. Un bo xeito de comezar explorando a Galipedia é visitando os contidos destacados que aparecen tamén na Portada e que dan boa idea de como se fan as cousas ben á hora de editar.

Interface[editar | editar a fonte]

A continuación detállanse as funcións das diferentes ligazóns que te atoparás ao ver calquera páxina da Galipedia.

Barra lateral[editar | editar a fonte]

Ao lado esquerdo de todos os artigos hai algunhas opcións de navegación e interacción que conteñen ferramentas que poden resultar útiles.

Estas son as opcións de navegación:

  • Portada - a páxina de inicio da Galipedia
  • Portal da comunidade - como comunidade que é, a Wikipedia ten un portal para os usuarios, onde hai moitas ligazóns de utilidade para o mantemento interno da enciclopedia
  • Actualidade - unha relación cronolóxica cos fitos máis importantes sobre a Galipedia
  • Cambios recentes - os artigos que se están a editar neste momento
  • Artigos de calidade - unha selección do mellor que temos na Galipedia
  • Páxina aleatoria - un artigo ao chou, nunca sabes o que pode saír!
  • Axuda - un compendio coas principais páxina de axuda
  • Doazóns - para realizar doazóns á Fundación Wikimedia

Opcións da caixa de ferramentas:

  • Páxinas que ligan con esta - útil para ver os artigos que conectan con aquel especificado
  • Cambios relacionados - lista de cambios feitos recentemente nas páxinas ás que se liga desde o artigo especificado
  • Cargar un ficheiro - formulario para cargar imaxes e outros ficheiros na Galipedia
  • Páxinas especiais - todas as funcións especiais e as opcións de administración que se poden empregar
  • Ligazón permanente - empregada para ligar unha versión específica dunha páxina.
  • Citar esta páxina - xera un conxunto de citas predeterminadas para o artigo, en diferentes estilos

Opcións do menú imprimir/exportar:

  • Crear un libro - para facer unha colección de páxinas
  • Descargar como PDF - para obter un ficheiro en formato PDF da páxina e así lela sen conexión
  • Versión para imprimir - mostra o artigo sen as opcións de navegación do sitio

Outras linguas - se un artigo existe noutra lingua nunha das numerosas versións da Wikipedia, o normal é que apareza nesta lista

Lapelas superiores[editar | editar a fonte]

Encima das páxinas hai unha serie de lapelas con diversas funcións.

  • A primeira lapela indica o tipo de páxina na que un se atopa. Nos artigos porá "Artigo", nas páxinas do proxecto, "Wikipedia", e en páxinas de axuda coma esta, "Axuda".
  • Conversa - ao carón da anterior, e que serve para acceder á páxina de conversa asociada.
  • Ler e Editar - atópanse máis á dereita, serven para conmutar entre o modo normal de lectura e o de edición que serve para modificar a páxina.
    Ás veces, é posible que atopes que a lapela "Editar" non aparece e no canto dela ves o texto "Ver o código fonte". Isto significa que non podes editar a páxina porque está protexida por algunha razón; podes deixar unha mensaxe na conversa indicando os aspectos que queres mellorar.
  • Ver o historial - todas as páxinas da Wikipedia teñen un historial de revisións asociado que contén un rexistro con todas as revisións vellas da páxina ordenadas cronoloxicamente. Cada revisión gárdase coa data e hora, o nome de usuario ou o enderezo IP daquel que fixo a edición e o resumo de edición (se deu algún).
  • Estrela - a primeira vez que premas sobre a estrela engadirás a páxina na que esteas á túa lista de vixilancia; a segunda vez, eliminarala da mesma. A lista de vixilancia serve para facer un seguimento das páxinas elixidas, provocando que estas aparezan destacadas en negra na lista de cambios recentes.
  • Menú despregable - ao lado da estrela hai un menú despregable con máis opcións, como "Mover", para cambiar o título da páxina.

Opcións de usuario[editar | editar a fonte]

Se estás rexistrado, estas ligazóns atópanse na parte superior de cada páxina. Cada unha proporciona un acceso rápido, de esquerda a dereita, á páxina de usuario, á conversa, ás preferencias, á lista de vixilancia e á lista de contribucións. A última ligazón serve para dar por finalizada a sesión.


Frecha. Volver á páxina de axuda.