Wikipedia:Artigo destacado/xullo 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O experimento de Miller e Urey foi un experimento no que se simulaban as condicións hipotéticas existentes na Terra primitiva pouco despois da súa formación para estudar as orixes da vida. Máis especificamente, o experimento pretendía comprobar a hipótese de Alexander Oparin e J. B. S. Haldane de que as condicións existentes na Terra primitiva favorecían as reaccións químicas por medio das que se poden sintetizar de forma natural compostos orgánicos a partir de precursores inorgánicos ou moi sinxelos. O experimento realizárono Stanley Miller e Harold Urey na Universidade de Chicago en 1952 e foi publicado ao ano seguinte.