Wikipedia:Artigo destacado/xaneiro 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cubo de Rubik é un puzzle mecánico inventado polo escultor e profesor de arquitectura húngaro Ernő Rubik no ano 1974. Orixinalmente foi chamado o "Cubo Máxico" polo seu inventor, pero o nome foi trocado máis adiante por Ideal Toys a cubo de Rubik no ano 1980. Neste mesmo ano gañou o premio alemán de "Xogo do Ano" (Spiel des Jahres).

Estímase que se teñen vendido máis de 900 millóns de cubos de Rubik ou imitacións ao longo do mundo enteiro. O seu mecanismo sinxelo sorprende tanto desde o punto de vista mecánico, ao estudar o seu interior, como pola complexidade das combinacións que se conseguen ao xirar as súas caras.