Wachet auf, ruft uns die Stimme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wachet auf, ruft uns die Stimme, tamén coñecida como Sleepers, Wake, é unha cantata de Johann Sebastian Bach, escrita en 1731.

É unha cantata coral, o número 140 segundo o catálogo BWV creado por Wolfgang Schmieder.

A maior parte das cantatas de Bach coma esta compuxéronse con fins eclesiasticos e, como case todas, é curta (20-30 minutos). Nesta peza tamén se dá o contraste entre as arias solistas e os fragmentos de música coral. A música de Bach é leda, quizais máis do que os seus obxectivos devocionais, de tal maneira que calquera pode disfrutala independentemente de que se compartan a súa fe e os seus usos.