Voo 256 de Intercontinental de Aviación
Voo 256 de Intercontinental de Aviación | |
---|---|
DC-9-15; semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 11 de xaneiro de 1995 |
Causa | fallo do altímetro |
Lugar | preto de María La Baja |
Coordenadas | Coordenadas: 9°59′00″N 75°21′00″O / 9.9833333333333, -75.35 |
Orixe | aeroporto El Dorado |
Destino | aeroporto Rafael Núñez |
Finados | 51 |
Feridos | 1 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Douglas DC-9 |
Operador | Intercontinental de Aviación |
Rexistro | HK-3839X |
Pasaxeiros | 47 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 1 |
O voo 256 de Intercontinental de Aviación era un servizo regular dende o aeroporto El Dorado, en Bogotá ata o aeroporto Rafael Núñez, en Cartaxena de Indias. O voo estaba programado para saír ás 12:10, pero atrasouse debido a un fallo no anterior voo.[1] O voo finalmente engalou ás 18:45. Durante a aproximación a Cartaxena de Indias o avión pasou polos 20 000 pés (6 100 m) ás 19:33. O derradeiro contacto de radio ocorreu cando o voo foi autorizado a baixar aos 8 000 pés (2 400 m).[1] O aparello impactou contra o chan nunha lagoa pantanosa próxima a María La Baja, a 56 km do aeroporto de Cartaxena.[1] A causa probable do accidente foi un axuste incorrecto do altímetro. O altímetro número 1 indicaba 16 200 pés (4 900 m) no impacto.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Douglas DC-9-14 HK-3839X Maria La Baja". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2013. Consultado o 2018-12-15.