Voo 1691 de Aeroflot
Voo 1691 de Aeroflot | |
---|---|
O avión accidentado
| |
Resumo | |
Data | 17 de marzo de 1979 |
Causa | esnafrado mentres intentaba regresar ao aeroporto |
Lugar | preto de aeroporto de Moscova-Vnukovo |
Coordenadas | Coordenadas: 55°35′46″N 37°16′03″L / 55.5961, 37.2675 |
Orixe | aeroporto de Moscova-Vnukovo |
Destino | aeroporto de Odesa |
Finados | 58 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Tupolev Tu-104B |
Operador | Aeroflot |
Rexistro | СССР-42444 |
Pasaxeiros | 113 |
Tripulación | 6 |
Superviventes | 61 |
O voo 1691 de Aeroflot era un servizo doméstico entre o aeroporto de Moscova-Vnukovo e o aeroporto de Odesa. O día 17 de marzo de 1979 o Tupolev Tu-104B que operaba a ruta esnafrouse matando a 58 dos 119 ocupantes do avión. O aparello estaba sobrecargado e a súa tripulación recibiu unha falsa alarma de lume.[1]
Accidente[editar | editar a fonte]
O voo 1691 tiña programada a súa saída cara Odesa ás 8:15 hora local, pero a engalaxe atrasouse debido a condicións meteorolóxicas adversas tanto en Odesa como en Vnukovo. O Tupolev engalou finalmente ás 19:32. Tan só cinco segundos despois de levantarse do chan soou a alarma de lume do motor esquerdo. O avión continuou elevándose e realizou unha serie de catro viraxes para regresar a Vnukovo. Os flaps estaba entón a 20º. Despois entrou na senda de planeo a 360 m, estando a 50 metros á esquerda do centro da pista. O avión descendeu rapidamente e 2,5 segundos antes do primeiro impacto a tripulación moveu os aceleradores a potencia de engalaxe, deixándoos nesa posición, aínda que ese movemento non salvou o avión. O tren de aterraxe principal golpeou primeiro uns cables nunha estrada preto de Vnukovo. O Tu-104B impactou co chan a 1 548 metros da pista. O motor esquedo desprendeuse do avión cando este envorcou e iniciouse un incendio. 57 pasaxeiros e un asistente de voo morreron.[2]
Investigación[editar | editar a fonte]
Os investigadores descubriron que o avión estaba sobrecargado, e ademais engadiron como factores que axudaron a que o accidente se producise a falta de comunicación entre a tripulación, e a falsa alarma causada por un desaxuste de partes do motor.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Tupolev Tu-104B CCCP-42444 Moskva-Vnukovo Airport (VKO)". aviation-safety.net. Consultado o 2021-11-27.
- ↑ 2,0 2,1 "Катастрофа Ту-104Б Украинского УГА в районе а/п Внуково (борт CCCP-42444), 17 марта 1979 года. // AirDisaster.ru - авиационные происшествия, инциденты и авиакатастрофы в СССР и России - факты, история, статистика". airdisaster.ru. Consultado o 2021-12-03.