Voo 015 de Korean Air Lines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 015 de Korean Air Lines
Boeing 747 semellante ao do accidente
Resumo
Data  19 de novembro de 1980
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  aeroporto de Gimpo
Coordenadas 
Orixe  aeroporto dos Ánxeles
Derradeira escala  aeroporto de Anchorage
Destino  aeroporto de Gimpo
Finados  15
Feridos  4
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 747-2B5B
Operador  Korean Air Lines
Rexistro  HL7445
Pasaxeiros  206
Tripulación  20
Superviventes  211

O voo 015 de Korean Air Lines era un servizo regular de pasaxeiros entre o aeroporto dos Ánxeles e o aeroporto de Kimpo en Seúl, cunha escala en Anchorage, Alasca. O día 19 de novembro de 1980 o Boeing 747 que operaba a ruta esnafrouse mentres intentaba aterrar en Gimpo. Dos 225 pasaxeiros e tripulantes 15 morreron no accidente.

Accidente[editar | editar a fonte]

O vento era calmado cunha visibilidade de 1 000 m na néboa cando o avión realizou a súa aproximación á pista 14 do aeroporto internacional de Kimpo. O piloto informou de problemas cos controis[1] pouco antes de que o avión tocase terra 90 metros antes da pista e contactase na pendente dun terraplén. O compartimento de carga do aparello rompeu despois de que o tren de aterraxe principal fose empuxado contra el. O voo 015 deslizouse pola pista co seu ventre e iniciouse un incendio. O avión foi evacuado, pero seis tripulantes e nove pasaxeiros morreron.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "12 die as jet crash-lands in Korea". The Day. Consultado o 2019-1-2. 
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 747-2B5B HL7445 Seoul-Gimpo (Kimpo) International Airport (SEL)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-02.