Viola mexicana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viola mexicana

A viola mexicana é un instrumento de corda pulsada común nas agrupacións de mariachis. Diferénciase da viola española en que é redonda na parte posterior, ten cinco cordas e unha caixa de madeira, xeralmente de caoba.[1] Este instrumento fornece a base rítmica e unha liña harmónica de acordes con punteos resoantes nas citadas agrupacións.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Popularte - Música De México - Instrumentos De Cuerda". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2007. 
  2. "Yo Amo La Música: Instrumentos - Vihuela". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de abril de 2022.